Skip to Content

Actividades

Celebración do 25 N 2022

A comunidade educativa do CEIP Xunqueira 1 realizou varios murais para conmemorar este día.

Na entrada do Centro fixemos un mural con lazos contra a violencia ás mulleres. Tamén colocamos as caras de todo o alumnado nun lazo xigante.

 A ANPA pedíu colaboración ás familias para facer un mural con mans violetas.

 

25 N en 4º

 Aquí tendes o vídeo do alumnado de 4ºA contra a violencia de xénero.

 Pica na foto.

 

Día da lingua de signos

 

 

8 de marzo ¨Día da Muller"

 Este é o traballo de 5º B sobre a muller e a igualdade.

 

 

 

8 MARZO 2022

O alumnado de 6ºA fixo un traballo sobre as artistas plásticas galegas.

Podedes ver o Genially que elaboramos picando na imaxe.

 

Aproveitamos e fixemos un mural co traballo para a entrada da biblioteca.

 

O alumnado de 6º B fixo tamén un traballo para o 8 de marzo.

O alumnado de Valores de 6º A realizou un traballo sobre a muller nos Xogos Olímpicos.

A ANPA elaborou un mural con libros para traballar a igualdade.

 

 O alumnado levou un folleto para a casa con esta información.

8 M

 O alumnado de 6ºB celebrou o"Día da muller" realizando un mural.

 

 Tamén xogaron coa baralla das mulleres.

 

 O alumnado de Valores de 6º A fixo un traballo sobre a muller nos Xogos Olímpicos.

 

 Pica no mural para ver o PDF dos seus traballos.

25 Novembro 2021

 O 25 de novembro celebramos o Día Internacional conta a violencia de xénero.

 Fixemos varios murais nas portas e corredores do colexio.

 

 

 

 

 

 

Desde a biblioteca propuxeron un montón de libros para traballar este tema.

 

 O alumnado de 6º, en valores, realizou varios carteis contra a violencia de xénero. Pica aquí para velos.

23 de setembro 2021 "Día Internacional das Linguas de Signos"

O 23 de setembro celebrouse o Día Internacional das Linguas de Signos.

Coa celebración deste día  preténdese concienciar sobre a importancia das linguas de signos para a plena realización dos dereitos humanos das persoas xordas

Para celebrar este día Rebeca, a nosa intérprete, preparou un mural para que todo o alumnado e profesorado estampara as súas mans.

 

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 

     Un ano máis estamos conmemorando o Día Internacional da Muller, por iso nos puxemos mans á obra e lle adicamos un bonito mural ás nenas da nosa clase, que irán sendo grandes mulleres, MEDRANDO LIBRES !!

 
   

 

Obradoiro para traballar a convivencia

 O concello de Pontevedra organizou un obradouro para traballar a convivencia no que participou o alumnado de 5º.

 

 

Charla do Concello sobre Convivencia

 O alumnado de 6º tivo un obradoiro con dúas sesións para traballar a convivencia. 

  Esta actividade estivo organizada polo Concello de Pontevedra.

8 de Marzo 2020

Celebramos o 8 de marzo, Día Internacional da Muller,  facendo murais sobre mulleres que fixeron cousas importantes.

 Coñecemos a muleres deportistas, artistas, científicas, astronautas, pilotos....

 

 

8 de Marzo: Día da Muller

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.

 O 11 de febreiro celebrouse o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.

 

 Investigamos sobre diferentes mulleres científicas e fixemos unhas pequenas presentacións sobre elas.

 

3 de Decembro Día da Discapacidade

3 de decembro.

Para celebrar o 3 de decembro "Día  Internacional das Persoas con Discapacidade" Rebeca, a intérprete de lingua de signos que temos no centro explicoulles aos alumnos de 5º A moitas cousas sobre as persoas xordas e o traballo que fai unha intérprete de lingua de signos.

25 de novembro

 Estos son os nosos debuxos contra a violencia de xénero.

Charla educación libre de violencia

  O alumnado de 6º recibíu unha charla sobre a igualdade entre homes e mulleres. Esta actividade foi promovida pola ANPA.

Contacontos ilustrados

 Na semana contra a violencia de xénero a ANPA Celso Emilio Ferreiro organizou uns contacontos ilustrados.

"Polo Correo do Vento" ensinounos a debuxar a Maruja Mallo.

Tania Solla debuxou a historia desta pintora galega e Antón KE tocou o seu Ukelele.

 Esta actividade estivo dirixida ao alumnado de 1º, 2º e 3º de primaria.

 Estes son os nosos debuxos de Maruja Mallo.

A Igualdade a través das emocións.

 Actividade para as familias organizada pola ANPA do Centro. 

Actividades organizadas pola ANPA

 A ANPA do Centro organiza unha charla, o luns 16 de novembro, para o alumnado de 6º.

 A charla tratará sobre a educación libre de violencia.

 

 

 

Llingua de signos

 Rebeca, a intérprete de lingua de signos, explicoulle ao alumnado de 5º C por que a Lingua de Signos é unha lingua.

Mural de Igualdade

 Temos un novo mural que pintou no noso Centro "Polo Correo do Vento" utilizando de base os bocetos elaborados polo alumnado con contidos sobre a igualdade.

 A actividade foi subvencionada pola Anpa Celso Emilio Ferreiro do Ceip Xunqueira 1, pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, coa finalidade de potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero, e cofinanciada con Fondos finalistas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

 Podedes ver que chulo quedou.

 

 Aquí tendes o enlace á noticia.

      

 

A ciencia e as mulleres

  O alumnado de 5º B asistíu a unha charla, no Teatro Principal, para celebrar o día da muller e da nena na ciencia.

 O acto  foi organizado polo Concello coa presenza de Joana Magalaes, científica Portuguesa que traballa na Universidade da Coruña investigando sobre reumatoloxía.

 

Os Bolechas e a discapacidade

Enlace ás actividades dos Bolechas sobre a discapacidade picando aquí

Vídeo

3 de decembro, Día Internacional das Persoas con Discapacidade.

 O 3 de decembro celebramos o Día Internacional das persoas con Discapacidade.

 Visitounos Juan Saavedra, atleta paralímpico de 50 metros carabina libre.

 Juan participou nos xogos paralímpicos de Sidney 200, Atenas 2004, Londres 2012 e Rio 2016.

 Nos xogos de Londres conseguíu a medalla de plata na súa especialidade.

 Explicounos moitas cousas sobre a súa disciplina deportiva. 

3 de decembro "Día Internacional das Persoas con Discapacidade"

 O alumnado de 6º, na materia de Valores, estivo investigando sobre diferentes persoas coñecidas que teñen algunha discapacidade.

25 novembro 2019

Para conmemorar o 25 de novembro colocamos este cartel na biblioteca.

Tamén fixemos unhas tarxetiñas que colocamos na roupa.

As mestras e mestres puxeron camisetas negras contra a violencia machista.

Nas aulas traballamos o tema. Aquí podes ver diferentes enlaces que utilizamos.

25 Novembro 2018

 

  

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut