try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP. A XUNQUEIRA-1

Recicla con Sogama

PATRULLA DE RECICLAXE

Durante os primeiros momentos do recreo había unha patrulla de reciclaxeformadas por 3 nenos/as. Comenzouse en 6º e foise seguindo unha orde. Levaban un logo para saber quen eran.

Un da patrullla estaba na illa por se alguen necesitaba axuda e os outros andaban polo patio vixiando e prestando tamén axuda.

 

 

ILLA DE RECICLAXE

AQUÍ ESTÁN OS NENOS E NENAS DE 2º DE PRIMARIA QUE ELABORARON UNS CARTEIS CON MATERIAL DE REFUGALLO PARA RECORDARLLE AOS COMPAÑEIROS DO COLEXIO ONDE BOTAR CADA UN DOS SEUS RESIDUOS PARA COLABORAR NA SEPARACIÓN DE RESIDUOS DO PROXECTO RECICLATE CON SOGAMA.

ADEMAIS TAMÉN DECORARON A ILLA DE RECICLAXE CUN LEMA FEITO POR ELES MESMOS CON MATERIAL DE REFUGALLO PARA CONCIENCIAR E MOTIVAR O ALUMNADO DO COLEXIO.

RECICLA CON SOGAMA

Dentro do proxecto RECICLA CON SOGAMA cada clase, segundo unhas quendas establecidas pola profe Mayra, temos que baleirar o lixo da illa de reciclaxe do patio nos contenedores que temos fóra do cole.

Hoxe tocounos a 4ºB saír  e baleirar as bolsas do lixo. O grupo que o realizou tivo algúns problemiñas coas bolsas que estaban moooi cheas, pero lograron botar todo con coidado en cada contenedor. 

Grazas a Samara Jiménez, Sabela Vidal, Pablo Carballo e Noelia Seoane pola axuda.

Actividades Sogama

 Na Aula Virtual do Colexio podes atopar xogos e vídeos sobre a reciclaxe.

 Pica aquí para xogar.

 

CHARLA DA RECICLAXE

O LUNS, NO SALÓN DE ACTOS, VEU UNHA TRABALLADORA DE SOGAMA PARA FALARNOS DA RECICLAXE, DA PLANTA DE SOGAMA, O lixo QUE SE XENERA, ENTRE OUTROS ASPECTOS MOI INTERESANTES.

COMO SABEDES ESTE CURSO ESTAMOS INMERSOS NUN PROGRAMA TITULADO RECICLAMOS (DO PLAN PROXECTA DA XUNTA).

SÓ PUIDERON ASISTIR UNHA REPRESENTACIÓN DO ALUMNADO DE CADA CLASE QUE LOGO CONVÉRTERONSE EN PONENTES PARA CONTARLLO O RESTO DOS SEUS COMPAÑEIROS/AS.

LEMBRADE É MOI MOI IMPORTANTE SEPARAR A BASURA E BOTALA NO SEU CONTEDOR CORRESPONDENTE. NAS AULAS XA TEMOS 3 (VERMELLO, AMARELO E AZUL) IGUAL QUE NA ILLA DE RECICLAXE DO PATIO.

RECICLAMOS

ESTE CURSO PARTICIPAMOS NO PROXECTO RECÍCLATE CON SOGAMA. XA TEMOS NUN PATIO CUBERTO A ILLA DE RECICLAXE FORMADA POR 3 CONTEDORES: O AZUL, O AMARELO E O XENÉRICO.

NAS CLASES TAMÉN TEMOS TRES PAPELEIRAS PARA COMEZAR A RECICLAR. O VENRES A COORDINADORA DO PROXECTO, A PROFE MAYRA, FOI POR TODAS AS AULAS PARA EXPLICARLLE O QUE VAI EN CADA CONTEDOR.

EN DECEMBRO VIRÁ UN MONITOR DE SOGAMA PARA DARLLE UNHA CHARLA SOBRE O RECICLAXE.

Distribuir contido