Skip to Content

Actividades alumnado 2º

Segundo de Robótica

Neste segundo curso de Primaria (en ámbalas dúas clases, A e B)  estamos tamén a cursar o segundo de Robótica e Programación.

Se ben no curso pasado estivemos co entorno de programación SCRACHT, este ano demos outro pasiño e comezamos con mBLOCK para poder programar robots, en concreto, o pequeno mbot.

Estamos a ver como pasar algúns programas realizados no curso anterior ao novo formato, substituíndo ordes, comandos e bloques de Scratch cara o seu equivalente en mblock.

Así, os bloques de movemento, apariencia e son debemos "traducilos" aos equivalentes no bloque específico de ROBOTS...e estamos a acadar bos resultados!! Nos bloques de eventos, control, sensores e operadores xa nos iniciamos...e aínda queda moito por aprender!!

Sabemos da relación entre a Programación e as Matemáticas, as Ciencias e Tecnoloxía (ou STEM) e da importancia da aproximación ao resultado descompoñéndoo en pequenos pasos e fitos a acadar. O futuro está nas nosas mans.

   
Distribuir contido


by Dr. Radut