Skip to Content

3 º curso

PROXECTO TEMA 3 TECNOLOXÍA 3º PRIM

ENTROIDO

     Estabamos desexando que chegara o venres 17 de febreiro para celebrar o noso entroido, tanto que nos levantamos da cama e nin siquera nos paramos a vestirnos, alá fomos para o cole en pixama.

     A media mañán merendamos ben, grazas ás nosas familias que nos mandaron postres típicos moi saborosos, e despois percorremos as rúas próximas ao cole para contaxiar a todos das nosas ganas de festa.

     Aquí nos tendes, picade na foto para vernos.

 

EVENTOS

BANDA DE MÚSICA DE SALCEDO

     O 22 de setembro a Banda de Música de salcedo ofreceunos no Pazo da Cultura unha presentación de diferentes instrumentos musicais. Para finalizar tocaron un pequeno repertorio que todos recoñecemos e nos encantou.

Premer na foto para ver vídeo.

 

SAMAÍN

    O 28 de outubro celebramos o día do Samaín vestíndonos DE MEDO, e tampouco faltou a merendola terrorífica que degustamos entre tod@s.

Premer na foto para ver vídeo.

 

 MAGOSTO (8 de novembro)

     Este ano tivemos que pospoñer uns días os xogos populares debido ás condicións atmosféricas, pero sí estaba boa hora para comer!

Premer nas fotos para ver vídeos.

 

"UN MAGO NA LÚA"

     O 16 de novembro, no Salón de Actos do noso cole, poidemos asombrarnos con este espectáculo de maxia que nos deixou marabillados e con ganas de ver máis.

Premer na foto para ver vídeo.

 

CUMPLES

     Agradecémoslle a Alicia, Juan Pablo, Vera, Noa e Alejandra que quixeran celebrar o seu cumple con nós e que nos deixaran ser cómplices da súa alegría nese día tan especial.

Premer na foto para ver vídeo.

 

NADAL.

     Rematamos o trimestre con algo de nervios pola inminente chegada de Papá Noel e os Reis Magos, pero aínda así non nos esquecemos de escribirlle unhas palabras cariñosas aos avós das Residencias, con todo o noso recoñecemento ao seu esforzo para facer que hoxe teñamos unha vida máis fácil.

          Tampouco nos esquecemos de felicitar ás nosas familias e lembrarlles o moito que as queremos.

Premer na foto para ver vídeo.

"GRANDES DEPORTISTAS "

     Participamos, xunto a outros coles, nunha carreira Campo a Través, e ademáis de disfrutar facendo deporte, tamén nos sentimos orgullosos do noso resultado nela.

Premer na foto para ver vídeo.

     

     O 19 de setembro tivemos o privilexio de recibir a Javier Gómez Noya no noso cole, e entre el e máis outros monitores que o acompañaban organizáronnos unha xornada de actividades que desenvolvemos moi animados.

 

 

 

EMPEZAMOS !!

     O 8 de setembro démoslle a benvida a un novo curso especial, o de 3º, uns parece que con máis ilusión ca outr@s...

Premer na foto para ver vídeo.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut