Skip to Content

4º curso

Imos ao teatro

Saída a O Salgueiral

  Este venres, 20 de maio, o alumnado de 4º B fixemos unha saída sobre o medioambiente e patrimonio cultural na aldea de O Salgueiral (Bora).

   Esta actividade ensírese nas ofertadas polo Concello de Pontevedra, proposta que representa unha iniciativa para poñer en valor e tranmsmitir aos rapaces e rapazas a vida que se fixo no pasado e que se fai hoxe en día no noso rural.

Para ver uns recordos, fai clic na imaxe:


Aldea de O Salgueiral (Bora)

 Clica NA IMAXE para ver como arranca o motor do muíño:

Obradoiro para a igualdade

O xoves, 19 de maio viñeron ofrecernos un obradoiro moi interesante sobre a igualdade. 

Velaí unhas imaxes:

UNIVISIÓN 2022

Saída ao salón de actos de Ciencias Forestais (Campus de Pontevedra - Universidade de Vigo) para o acto de visionado de videos e entrega de premios aos gañadores do concurso de Univisión organizado pola Universidade de Vigo.

O mércores, 18 de maio, foi a data escollida para tal fin.

 

                                   ACTO DE UNIVISIÓN - MÉRCORES, 18 DE MAIO DE 2022

Rocódromo A Xunqueira

No martes, 10 de maio, puxemos a proba as nosas cualidades de escaladores no recinto que para tal fin atopamos nas instalacións deportivas de A Xunqueira. 

Premede na imaxe para ver unha película do momento:

Percorrendo a senda do río - O Salgueiral

Este mércores, 4 de maio, o alumnado de 4º A fixo unha saída sobre o medioambiente e patrimonio cultural na aldea de O Salgueiral (Bora). Esta actividade ensírese nas ofertadas polo Concello de Pontevedra, proposta que representa unha iniciativa para poñer en valor e tranmsmitir aos rapaces e rapazas a vida que se fixo no pasado e que se fai hoxe en día no noso rural.

Para ver uns recordos, fai clic na imaxe:

Visita ao Paelolítico, Neolítico e Idade dos Metais...no Museo de Pontevedra

Na última semana de maio, o alumnado de 4º curso fomos ver unha interesantísima exposición sobre a prehistoria no Museo de Pontevedra. Divididos en dous días, 4º A visitou o museo o xoves, namentras que 4º B o fixo o venres, 29 de maio. Velaí unha historia do percorrido!

Para ver unha presentación completa da visita, preme AQUÍ

Dia do libro en 4º curso

   
   

O venres, 22 de abril celebramos no colexio o día do libro. Posto que o día 23 coincide con Sábado, deixamos para ese día unha lectura do Quijote para todo o grupo de 4º curso.

Aí deixamos fotos e recordos do momento, así como un vídeo como testemuña.

Clica AQUÍ para acceder ao enlace.

 

 

 

Meteoxunqueira ou a Ciencia da medida dos elementos do clima no noso centro

O alumnado de 4º curso estivo a recoller datos na nosa estación meteorolóxica que, unha vez subidas a internet, formarán parte do traballo a realizar este curso en tódolos niveis.

Así medimos, asemade das precipitacións e humidade,  a forza do vento, temperatura mínima e máxima e presión atmosférica do día.

  

Chegado Abril, un resumo

Entrados xa en Abril, compre realizar un resumo en imaxes do devir no curso.

Fai CLICK na imaxe para ver o vídeo.

MAGOSTO EN NOVEMBRO...CON TEMPO DE AGOSTO

O martes, 9 de novembro, celebramos o magosto no noso colexio. Comemos castañas ao aire libre e, para facer a dixextión, un montón de xogos (zancos, o pano, a chave, corda, xogo da castaña, bolos, petanca...) no patio do centro.

Acompañounos o tempo meteorolóxico: daí o magosto con sabor a agosto... polo sol que lucía.

Para mostra, varios botóns:

 

MICRORRELATOS MACROTERRORÍFICOS...NO 4º NIVEL

Este venres, 5 de novembro os alumnos e alumnas de 4º curso leron os seus microrrelatos macroterroríficos aos compañeiros de 2º curso no salón de actos do noso colexio.

Velaí as imaxes e vídeos:

 
   
 Video 1 PICAR AQUÍ

 

Vídeo 2 PICAR AQUÍ

 

Fusión de Samaín e Halloween no 4º...Milenio

Velaí as mostras dos nosos disfraces no 4º curso. 

Tampouco faltaron cancións e microrrelatos terroríficos...

 
Distribuir contido


by Dr. Radut