Skip to Content

Benvida

BENVID@S AO CEIP A XUNQUEIRA 1

 

 ATENCIÓN TELEFÓNICA: 886159029 e 886159026

 Edixgal, PLAMBE.

 Plan Madruga e Comedor escolar.

FONDO LIBROS 2023/24

AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E DE MATERIAL ESCOLAR - 2024/25

No DOG do luns, 20 de maio saíu publicada a regulación para a participación no fondo solidario de libros de texto (3º e 4º de Primaria) e a convocatoria das axudas para a adquisición de libros de texto (1º e 2º de Primaria) e material escolar (tódolos cursos de Primaria) para o vindeiro curso académico 2024-2025.

Toda a información sobre este proceso: 

 Orde de 7 de maio pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación escolar en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H)

así como no portal educativo

http://www.edu.xunta.gal.

As solicitudes poderán presentarse presencialmente no centro ou por vía electrónica na aplicación FONDOLIBROS (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros).

O prazo para a súa presentación será do 21 de maio ao 21 de xuño de 2024.

Xunto coa solicitude, presentarán copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables, así como calquera outra documentación do que se alegue. 

 

               PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2024-2025:

Publicación das listaxes definitivas

 

O día 15 de abril, publícanse as listaxes DEFINITIVAS de admitidos e non admitidos para o vindeiro curso escolar 2024/25.

As listaxes estarán expostas no taboleiro de anuncios do centro e tamén poderán ser consultadas na aplicación da Consellería de educación admisionalumnado .-

As persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial da Consellería de Educación de Pontevedra no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Normativa reguladora do procedemento:

Prazos:

  • Prazo de presentación de solicitudes de admisión .- do 01 ao 20 de marzo
  • Presentación documentación acreditativa para o baremo .- 10 días hábiles a partir do día seguinte ao remate do prazo de sltdes. de admisión.
  • Publicación provisional das listaxes de admitidos e non admitidos: antes do 25 de abril
  • Publicación definitiva das listaxes de admitidos e non admitidos: antes do 15 de maio

 

 

ADMISIÓN  CURSO 2024-2025
(do 1 ao 20 de marzo)

 

             Ao abeiro da disposición adicional primeira da Orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o prazo para a admisión de alumnos que se incorporan ao noso Centro, en Educación Infantil e Primaria, para o vindeiro curso académico 2024- 2025, estará aberto dende o 1 ao 20 de marzo, ámbolos dous inclusive.

 

                  As solicitudes poden cumprimentarse de xeito manual (cubrindo o impreso que temos na Secretaría) ou a través da aplicación:

                   https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

Para máis información dos postos escolares ofertados, área de influencia, servizos e prazos premer AQUÍ.

 

                                              ENTRADAS e SAÍDAS:

                           Pica aquí para ver o plano. 

 

 Porta 1: entrada de 5º e 6º, saída de 1º, 5º e 6º

 Porta 2: PORTA ANULADA (obras ascensor)

 Porta 3: entrada de Infantil 5 anos e 1º de Primaria, saída de Infantil 5 anos, 2º, 3º e 4º

 Porta 4: entrada de 2º

 Porta 5: entrada de 3º e 4º

 

 As familias de 1º e 2º poden entrar a recoller ao alumnado no momento da saída. O alumnado de 3º a 6º sairá só do centro, as familias esperarán na beirarrúa.

É moi importante ter descargada a aplicación Abalar Móbil. Neste enlace da nosa Aula Virtual podes consultar como  descargala. Pica Aquí.

 

 

 

 MOI IMPORTANTE

Recordamos que as familias non poden andar polos corredores do centro. Para falar co profesorado deben pedir cita por teléfono, Abalar ou en secretaría.

 

Para ver os vídeos das actividades realizadas pica aquí ou vai ao apartado vídeos na barra lateral. 

 

                      

 

                                                    

                                                                           

          

AdxuntoTamaño
ADMISIÓN DE ALUMNOS.pdf197.82 KB


page | by Dr. Radut