Prezadas familias:
Segundo a Instrución 2/2021, do 1 de xuño sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión directa no curso escolar 2021-22.
NON TERÁN QUE PRESENTAR SOLICITUDE DE COMEDOR:
- O alumnado que fixo uso do transporte durante o curso 2020-21, sendo usuario lexítimo.
- Alumnado de Servizos Sociais.
- Alumnado cunha minusvalía igual ou superior ao 33%.
- Alumnado membro de familias numerosas.
Únicamente terán que cubrir o impreso de autodeclaración de prezos públicos recollido no Anexo II desta instrucción, antes do 08/09/21. (Poderase descargar na páxina web do cole).
Todo o alumnado que fixo uso do comedor escolar durante o curso 2020-21 por INCOMPATIBILIDADE HORARIA terá que presentar:
- Informe de vida laboral ou certificado da unidade de persoal.
- Certificación de empresa da xornada e o horario de traballo.
- Certificación xustificativa de alta no IAE.
- Declaración responsable sobre a vixencia da actividade económica.
- Certificación da unidade de persoal ao que pertence a persoa empregada pública.
TERÁN QUE PRESENTAR OBRIGATORIAMENTE SOLICITUDE DE COMEDOR:
- Todo aquel alumnado novo que queira facer uso do comedor escolar no curso 2021-22.
O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 9 de xullo.