Skip to Content

.

                    Benvidas                                    

Publicada a convocatoria de participación no fondo solidario, axudas para adquisición de libros de texto e material escolar para o curso 2023/2024

O obxeto da Orde é convocar a participación no fondo solidario de libros de texto, axudas para adquisición de libros de texto e material escolar destinadas ao seguinte alumnado:

Fondo solidario: 3º, 4º de Educación Primaria.

Axudas para libros de texto: 1º e 2º de Educación Primaria e EE.

Material escolar: 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º.

A solicitude será única para todos os fillos/as e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2023/24, e nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no citado curso. Se estivesen admitidos en centros docentes distintos, presentarase unha solicitude en cada un dos centros, en que se incluirán os admitidos nese centro para o curso 2023/24. No caso de que a solicitude se tramite por vía electrónica empregando a aplicación fondolibros será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno aínda que estean no mesmo centro.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal. Tamén poderán presentarse na secretaría do centro.

Prazo de presentación da solicitude: ata o 21 de xuño de 2023 (este incluído).

Documentación:

 As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

  • Anexo II
  • Copia do libro de familia onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

     Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación en 31 de decembro de 2021, poderán acreditar o número de membros utilizando, entre outros, algún dos seguintes medios:

  1. Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
  2. Certificado ou volante de convivencia.
  3. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

 Artigo 29. 3.- Quedarán excluídas as solicitudes que non se puidesen validar por estar presentadas fóra de prazo, por falta de emenda das deficiencias da solicitude e/ou da documentación ou por falta da devolución dos libros de texto recibidos do fondo solidario adquiridos coas axudas nos cursos anteriores.

Para máis información dirixirse á secretaría do centro ou picar no seguinte enlace.

Documentos para descargar:

 

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS 2023

Este ano está dedicado ao autor Francisco Fernández Del Riego, que nace en Vilanova de Lourenzá (Lugo) o 7 de xaneiro de 1913. Cursou Dereito e Filosofía e Letras en Santiago e Madrid. Ao acabar a guerra civil, trasládase a Vigo onde participa na creación da Editorial Galaxia e na revísta Grial. Xa en 1963 faise cargo da Biblioteca Penzol. Autor de numerosas publicacións e impulsor de moitas actividades culturais. En 1997 foi nomeado presidente da Real Academia Galega. Recibiu numerosos premios: Medalla Castelao, Pedrón de Ouro, ou o Doutor Honoris Causa pola Universidade de Vigo, entre outros. Faleceu en Vigo o 26 de novembro de 2010.
O 19 de maio  celebramos o Festival das Letras Galegas no colexio coas diferentes actuacións: teatro, música, baile…

Admisión alumnado curso 2023-2024

Todas as solicitudes presentadas en prazo no CEIP Xesús Golmar están admitidas, agás as que non fixeron a reserva no prazo establecido

Letras Galegas 2023

O 9 de xullo de 2022, a RAG acordou dedicarlle o Día das Letras Galegas do ano 2023 a Francisco Fernández del Riego.

Francisco Fernández del Riego, naceu na localidade luguesa de Vilanova de Lourenzá o 7 de xaneiro de 1913 e faleceu en Vigo o 26 de novembro de 2010.

Publicou cos pseudónimos de Adrián Solovio, Adrián Soutelo, Salvador Lorenzana, Cosme Barreiros e Alevín, traballando, desde os anos 30, a prol da cultura galega.

Foi un dos creadores da editorial Galaxia e director xunto a Ramón Piñeiro da revista Grial nos seus primeiros cen números.

Presidiu a Real Academia Galega de 1997 a 2001.

 

A orixe da nosa lingua guapa é, un filme baseado nunha idea orixinal da académica Fina Casalderrey para lles explicar aos cativos e cativas como se foi formando o galego ao longo da historia.

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS PARA ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN. CURSO 2023-24

Convocatoria dunha xornada de portas abertas para o alumnado de nova incorporación ao Centro.

Día: martes 28 de febreiro

Hora: 16:00 horas

Convocatoria para dar a coñecer o PEC do noso Centro e visitar as instalacións.

I Edición "As vivencias do Cocido" no CEIP Xesús Golmar

Compartimos coa comunidade educativa o documental realizado polo noso alumnado sobre a nosa festa gastronómica.
Lembramos que os contidos son de uso educativo e non está permitido a súa difusión nas redes sociais.
Agardamos que esta reportaxe vos guste tanto como ilusión lles fixo aos rapaces e rapazas participar nela. Tamén queremos agradecerlles ao personal de cociña a súa colaboración.
    

Entroido 2023

(Premer na imaxe)

RESERVA DE PRAZA EN CENTRO DE ADSCRICIÓN CURSO 2023-24

As familias do alumnado de 6º de Educación Primaria que vaia cursar os seus estudos no centro adscrito IES Ramón Aller Ulloa, poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual,empregando o formulario en papel, ou a través da aplicación www.edu.xunta.gal/admisionalumnado. Dita solicitude deberá presentarse na secretaría do centro ou a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia, para o que se precisará de Chave365 ou o certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación.

A data límite de entrega será o día 6 de febreiro.

Achégase o Anexo I    https://tokapp.com/url/72hmhkhw

Postais de Nadal

Grazas a todo o alumnado pola súa participación na elaboración da postal para felicitar á comunidade educativa as festas do Nadal

Presentamos as postais finalistas do concurso

 

Premer na imaxe para ver as postais

Portas de Nadal

Para as festas do Nadal adornamos os corredores e as portas das aulas

Premer na imaxe par ver as portas

 

Felicitación da clase de Psicomotricidade

Os nenos e nenas de catro anos, dende a clase de psicomotricidade, queremos desexarvos unhas Felices Festas

    

Distribuir contido


by Dr. Radut