Novas

XUNTANZA INICIO DE CURSO

in

XUNTANZA INICIO DE CURSO

Adxuntamos  a convocatoria para a próxima Asamblea Xeral da ANPA, o próximo martes día 25 ás 17.00 horas.

 

TEMOS UN BLOG!

in

Co inicio deste novo curso temos novidades. A partires de agora o noso ANPA terá un blog. Nel subiremos toda a información importante das actividades extraescolares, dos talleres, da aula matinal,... e outras novas que podan ser do voso interese como membros comprometidos da nosa comunidade educativa.

Esperamos que sexa moi dinámico e que nos axudedes a que sexa un éxito.

Neste momento xa podedes consultar o cadro de actividades extraescolares provisional proposto para o curso 2017-2018, e podedes descargar o formulario de inscripción do ampa, descargar o formulario para anotarvos a piscina, consultar os Estatutos,...

Gustaríanos que o visitarades con frecuencia e que participarades en todo o posible.

 

https://anpaosirmandinhos.blogspot.com.es/

CONCENTRACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

in

O día 26 de Maio as 20.00 h, diante do Museo Marco (na rúa do Príncipe), a asociación rede de mulleres veciñais contra os malos tratos de Vigo, convoca unha concentración  contra a violencia de xénero. 

Esperamos que esta información sexa do voso interese.

 

EXCURSIÓN A CÍES

in

O sábado 18 de Xuño terá lugar, por terceiro ano consecutivo, a excursión de convivencia para familias do Ceip Virxe do Rocío ás Illas Cíes.

Recordarvos que o ANPA Os Irmandiños e un mero intermediario entre a naviera Mar de Ons e as familias,  sendo cada familia responsable durante a xornada de convivencia dos membros do seu grupo e dos posibles percances que poidan suceder.

As datas para anotarse no local do ANPA son:

Os días 30 e 31 de Maio, 1 e 2 de Xuño de 9:00 a 10:00h

Os días 30 e 31de Maio de 16:00 a 17:00h

O prezo para os socios do ANPA é de 6,50 € (por persoa) e 7,50€ (por persoa) para os non socios;  @s nen@s menores de 3 anos non pagan.

Tedes que efectuar o pago e darnos os nomes e os DNI (obrigatorio maiores de 12 anos) de tódolos membros do voso grupo antes do 3 de Xuño, xa que temos que facilitar o listado a navieira . Non será posible anotarse despois de esa data. Se queredes descargar o documento de solicitude de praza, podedes facelo aquí.

 

Se a previsión meteorolóxica é moi mala poderíamos anular a visita ata con tres días de antelación. Se o día esta nubrado a excursión faríase igualmente.

O sábado 18 de xuño xuntarémonos no Porto as 9:30h da mañá, xunto ao Nadador. Faremos unha ringleira diante das gradas para o reconto e dirixirémonos ao embarcadoiro dun modo organizado.

Embarcaremos sobre as 10:15h e a volta será as 19:15h, debemos estar no embarcadoiro da Illa as 19.00h para o reconto.

Recordarvos que levedes protección solar, gorras e bolsas para o lixo.

E  MOI IMPORTANTE  ESTAR AS 9:30h NO PORTO. O BARCO NON ESPERA

Ademáis, desde o ANPA Os Irmandiños estam@s moi interesad@s en coñecer a vosa opinión e atender as vosas suxestións e iniciativas por iso animámosvos a que aproveitedes a oportunidade e nos deixedes as vosas impresións mediante unha enquisa, de forma totalmente anónima, que podedes descargar desde aquí.

 

 

 

 
 

CHAPEUS POR SÍRIA

in

FOANPAS xunto coa Fundación Seur e a Asociación Alhambra, e por suxestión dunha nai que ten fillos escolarizados no ensino público e desexa permanecer no anonimato, poñemos en marcha a campaña

#chapeusxsiria.

Con esta iniciativa pretendemos visibilizar a situación das persoas refuxiadas nos campos de Grecia, procedentes de Siria, recollendo chapeus, puchos, gorras, viseiras… nos colexios.

A Fundación Seur encargarase xunto coa Asociación Alhambra de achegar estes chapeus e puchos. 

É a nosa obriga visibilizar esta situación. Non podemos ficar de costas á realidade e temos a responsabilidade de educar ós/ás nosos/as fillos/fillas á vez que respostar ás súas preguntas.

Por que están esas nenas e nenos acampados, enlamados, esfameados…?

A campaña pretende que a nosa acción reflicta a vergoña que sentimos como cidadáns do ‘’primeiro mundo’’ ante esta realidade e impotencia de non facer nada.

Que todas/os as/os nenas/os e as súas familias teñan un chapeu vigués cubrindo as súas testas este verán e sentan as nosas apertas. 

Se vos parece podedes acompañar un escrito de esperanza ou debuxo grapado ó chapeu ou pucho. 

A entrega dos chapeus e puchos se recollan na ANPA, pódese que facer ata o día 10 deste mes, e farémola chegar a FOANPAS. Despois a Fundación Seur encargarase da súa recollida. 

Moitas grazas por facelo posible.

PROPOSTA SOLIDARIA

in

A ONG Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS) leva anos realizando o programa solidario "Vacacións en paz" que consiste en rescatar dos campamentos de refuxiados, no deserto de Tinduf en Arxelia, a nenos e nenas que son acollidos/as por familias solidarias coas que conviven, se alimentan e lles procuran atención médica. 

Este ano, comezan unha campaña solidaria nos centros educativos xa que cada vez os recursos son máis escasos e complícase o costeo da viaxe destes/as cativos/as. Deste xeito, os nosos fillos e fillas toman conciencia da necesaria solidariedade coa aportación feita pola familia.

Ademais, SOGAPS tamén oferta charlas con saharauís e cooperantes sobre o problema dos/as refuxiados/as no Sáhara Occidental.

Se o considerades, podedes colaborar ingresando a cantidade que estimedes oportuna na conta de A Banca ES40 2080 5056 13 3040034374.

 

ALTERNATIVA Á REVÁLIDA

in

 

Como sábedes, a reválida de 6º de primaria está programada para os días 11, 12 e 13 de maio, e as de 3º de primaria para os días 24 e 25 de maio. Dende FOANPAS nos propoñen actividades alternativas para os pais que non envíen aos nenos a facer as probas. Para ampliar esta información,  consultade o documento adxunto

 

ATENCIÓN: En previsión de choiva para  mañana martes 24 de maio, cambiamos de ubicación as actividades para os nenos/as de 3º de Primaria que non asistan á reválida… Serán en FOANPAS nas instalación do IME.

AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA E FINAL DE PRIMARIA CURSO 2015/2016

in
Instrucións para o desenvolvemento da avaliación individualizada de terceiro curso de educación primaria e da avaliación final de educación primaria nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia no curso escolar 2015/2016
 
 
 

Xúntase a Resolución do 18 de abril de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento da avaliación individualizada de terceiro curso de educación primaria e da avaliación final de educación primaria nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia no curso escolar 2015/16.

http://www.edu.xunta.es/portal/sites/web/files/anunciog0164-210416-0003_gl.pdf

 

 

 

 

 

 

 

FOANPAS convoca unha CONCENTRACIÓN contra as avaliacións da LOMCE, coñecidas como reválidas. Estas terán lugar no vindeiro mes de maio en 3º e 6º de primaria e, en secundaria, implantaranse no vindeiro curso.

Estamos en contra destas probas por ser innecesarias e non ter un valor pedagóxico probado, como deixou constancia a Consellería de educación. As reválidas poñen en dúbida o traballo de todo o curso dos mestres e das mestras, xa que son probas externas, que non teñen en conta o día a día do alumnado, a súa evolución durante o curso e supoñen un trastorno no funcionamento dos centros e, sobre todo, para os nenos e as nenas, que se ven sometidos a unha presión innecesaria.

Para visibilizar isto e o borreguismo que promove a LOMCE, durante a concentración levaremos caretas e roupas que similen ovellas brancas e negras (o rebaño) e animámosvos a acompañarnos nesta caracterización levando tamén vós caretas e roupas de “ovella”.

VENRES 6 DE MAIO

ÁS 19:30 horas

NA FAROLA DE URZÁIZ

É importante a vosa presenza, así como a de todas as familias do centro polo que pregamos 

CHARLA "AS REVÁLIDAS TOCANDO A PORTA"

in

FOANPAS ofrece unha charla coloquio dirixida á comunidade educativa dos centros de ensino público de Educación Infantil, Educación Primaria e Secundaria de Vigo.

“AS REVÁLIDAS TOCANDO A PORTA”

Estará impartida por membros dos sindicatos de ensino: CIG, CCOO, UGT e STEG. Nela tratarase todo o relativo ás avaliacións impostas na LOMCE, e que terán lugar no vindeiro mes de maio en 3º e 6º de primaria e se implantarán na secundaria no vindeiro curso: cando se realizan? En que consisten? Que fin ten cada unha? Como repercute no alumnado?

A charla terá lugar o VENRES 29 de ABRIL ás 18:00 horas. Será no Salón de Actos do Instituto Municipal de Educación (IME), sito en Camiño do Chouzo nº 2.

A inscrición pode facerse no 986 29 88 12 ou enviando un correo electrónico a foanpas@foanpas.com (con nome e apelidos, teléfono, e-mail e centro educativo ao que pertence).

 

Distribuir contido

Back to top