Proxecto anual
PROXECTO ANUAL
Posted Xaneiro 16th, 2014 by adminPROXECTO ANUAL 2019/2020
Escola Eco-lóxica
Neste curso trataremos que o noso alumnado sexa consciente da importancia da conservación do noso planeta. Día a día, normalizaremos hábitos e costumes que fomenten o coidado do noso planeta, porque...
Utilizaremos a regla dos tres R: reutilizar, reciclar e reducir.
Non é suficiente con reciclar o que gastamos, senón que debemos consumir menos.
Na escola do Resío,
- temos placas solares para xerar a nosa propia enerxía, para quecer a auga,...
- Traballaremos o aforro de auga, revisaremos as tubaxes, para evitar goteiras e avarías, recolleremos auga en bidóns para regar a nosa horta ecolóxica,...
- Faremos compost, coas sobras do comedor,
- Reciclaremos diferentes materiais, solicitaremos unha illa de reciclaxe ao Concello preto da ecola e nas aulas reciclaremos os residuos que xeremos, facendo actividades con material de refugallo.
- Tentaremos aforrar enerxía, non prendendo as luces de xeito innecesario, desenchufaremos aqueles aparatos que non utilicemos,...
- Faremos un consumo responsable,
PROXECTO ANUAL 2018/2019,
Neste curso que comeza viviremos unha grande aventura científica!
Experiencia a conCIENCIA
Teremos a posibilidade de aprender a afianzar coñecementos de todo tipo, explorar as nosas posibilidades, as nosas capacidades e os nosos recursos. Tentaremos espremer ao máximo o noso espírito cooperativo e avanzar no noso desenvolvemento persoal.
Contaremos:
- cun gran laboratorio (a escola),
- cunha chea de axudantes (os mestres),
- cunha chea de científicos e científicas (os nenos e nenas),
- coas familias,que comprobarán o resultado dos experimentos.
Na seguinte ligazón poden consultar a Programación Xeral Anual.
PROXECTO ANUAL , CURSO 2017/2018,
BENVIDOS E BENVIDAS A ESTA NOVA AVENTURA DO SABER.
Durante o seu desenvolvemento aprenderedes e afianzaredes coñecementos de todo tipo, facéndoos xirar sempre arredor do tema anual
DA EIRA Á CAPOEIRA
Tamén exploraredes as vosas posibilidades, as vosas capacidades e os vosos recursos. Tentaremos, pois, que espremades ao máximo o voso espírito cocoperativo e que avancedes no voso densenvolvemento persoal.
E esta é unha importantísima e grande tarefa, na que non estaredes sós para desenvolvela; contaredes coa axuda e colaboración dos mestres e o que é máis importante, coas vosas familias, que son sempre unha inestimable axuda.
Con todo isto, dispoñemos dos mellores vimbios para fabricar a gran CESTA DO SABER E DO COÑECEMENTO.
PROXECTO ANUAL, CURSO 2016/2017
PaseArte polo tempo.... a nova proposta da nosa mascota Picolindo
Picolindo tivo moito tempo este verán, e paseando polas rúas descubriu que VIGO É UNHA CIDADE DE COR. Este proxecto no que a nosa cidade leva incurso dous anos, fixo que a nosa mascota decidise que é tamén tiña que ter un lugar especial.
Fíxadevos!!!!!!
PROXECTO ANUAL, CURSO 2015/2016:
ANO PICOLÍMPICO
Este proxecto foi elexido pola maioría do profesorado a finais do curso pasado e desenvolverase durante todo o curso escolar. Este proxecto interdisciplinar está programado verticalmente para ser levado a cabo por todo o alumnado da nosa escola.
O desenvolvemento das actividades, levaranse a cabo, a través das aulas de educación musical, educación plástica, a aula de tecnoloxías da información e da comunicación e a biblioteca do centro. Pero o proxecto pretende ir máis aló, pretendemos que invada a vida diaria do alumnado con actividades rutinarias nas aulas que permitan ao alumnado descubrir o mundo no que se desenvolve.
No pasado curso escolar, estivemos a traballar sobre as marabillas do mundo, ese proxecto permitiunos ir adentrándonos na xeografía dun xeito lúdico e divertido fomentamos a tolerancia nos nenos a través do coñecemento doutras culturas e países e xuntos descubrimos moitas cousas e aprenderemos a aceptar a diversidade.
No presente curso escolar traballaranse e reforzaranse todos estos contidos fomentando o traballo en equipo e a participación da Comunidade Educativa nun proxecto común.
Os contidos a aprender e as actividades imos a desenvolvelas con caracter trimestral
Dende as aulas faise unha motivación especial. Picolindo contacta con todo o alumnado a través do seu blogue pero ademáis, quere que todos aprendamos cos seus descubrimentos porén, envíanos probas. Neste xogo PICOLINDO nos convida a todos a conseguir Piqueuros, simplemente con participar nos xogos que presenta polos corredores a carón da biblioteca e con facer COMENTARIOS coa resposta e engadir información (datos, vídeos, imaxes, o webs de interese...) no seu blogue.
O desenvolvemento deste proxecto verase plasmado nun calendario anual, nunha revista escolar e terá o seu momento especial cando polo mes de marzo, e coincidindo coa semana da prensa, os nosos alumnos e alumnas se convirtan en “EXPERTOS” nos “XOGOS OLÍMPICOS”, no que se exporán ante o resto dos seus compañeiros de escola as aprendizaxes conqueridas ao longo deste proxecto. Esta será a VI Edición de Expertos, polo que esta actividade se está a converter nunha tarefa de obrigado cumplimento polo éxito da mesma en todos os sectores da nosa Comunidade Educativa e ao gran reto que supón falar en público para os rapaces e vencer ó medo escénico.
Estas conferencias permiten ao noso alumnado expresarse e falar en público co apoio do material dixital e plástico elaborado nas aulas. Estas conferencias son grabadas en vídeo co permiso das familias e son compartidas con toda a comunidade educativa a través do blogue da biblioteca “O BLOGUE DE PICOLINDO”.
E algo moi importante, tentaremos que dende o primeiro día as familias se impliquen e colaboren coa preparación destos xogos picolímpicos da escola do Rocío.
Preténdese facer o acto inaugural do proxecto coa celebración do DIA DA BIBLIOTECA. As familias mailo alumnado gozarán deste acto de inauguración.
Ademáis, continuaremos a facer a actividade da PALABRA DO DÍA, coa que facilitaremos o acceso ao vocabulario temático aprendendo cada día unha palabra nova sobre as marabillas. Esta actividade non so será dirixida ao alumnado senón tamén ao profesorado. Todos os días, ao comezar á mañá, o coordinador de normalización lingüística será o encargado de escribir a palabra xunto coa súa definición. Os mestres deben compartir esa palabra cos seus alumnos na aula. Ao finalizar o curso, teremos o noso diccionario temático das OLIMPÍADAS. Este pequeno diccionario estará presente na web do noso cole, cun recuncho especial adicado a él no que todos poden ver e descargar as palabras dende o mes de outubro ata o de maio.
Explicarase ao alumnado en qué consistían os xogos da antigüidade e cales eran os valores fundamentais,
LER MÁIS, PENSAR MÁIS, SABER MÁIS
PROXECTO ANUAL, CURSO 2014/2015:
VIAXAMOS POLAS MARABILLAS.
Este curso descubriremos as sete marabillas do mundo moderno.
OS NOSOS PROXECTOS. CURSO 2013/2014.
GALICIA 3 6 5
Tentaremos facer un exahustivo estudo da nosa terra que abranguerá aspectos tan diversos como: xeografía, arte, deporte, cultura, tradicións, ciencia, o agro, etc.
Trataremos de poñer en valor algúns dos aspectos menos coñecidos do país, pescudando información sobre eles e analizando os resultados obtidos, para tomar conciencia da importancia de Galicia e das súas xentes.
NON TODO O IMPORTANTE VÉN DE FÓRA,
aquí temos: científicos, deportistas olímpicos, creadores de cine, paisaxes marabillosas, porcos celtas, obras de arte, restos arqueolóxicos, lingua propia, viños mundialmente recoñecidos, tecnoloxía punteira e moito máis...
Coma sempre, contamos coa colaboración das familias do alumnado
OS NOSOS PROXECTOS.
COÑECENDO BOUZAS 2013
O obxectivo do Proxecto Anual é dar a coñecer aos nosos alumnos e alumnas o barrio e os espazos da contorna da nosa escola. Somos conscientes que unha gran parte do noso alumnado pertence a zona educativa da contorna polo que é preciso coñecer como se desenvolve a vida cotiá dos veciños, falando coa xente, percorrendo as rúas tradicionais do casco vello, ...
Faremos un roteiro guiado pola man dos mestres da escola e tentaremos coñecer as rúas principais, monumentos, os nomes das rúas, a paisaxe...
Tamén faremos fincapé nos distintos oficios da xente que vive en Bouzas, traballos, servizos...
Traballaremos con lendas e daremos a coñecer aos nosos alumnos a figura do CABALEIRO DAS CUNCHAS.
Con este Proxecto pretendemos desenvolver a capacidade para traballar en equipo, desenvolver a iniciativa persoal e levar a cabo propostas positivas cara a sociedade.
UN MAR DE EMOCIÓNS 2012
Este ano, na escola, traballamos os SENTIMENTOS, as EMOCIÓNS e os VALORES da convivencia, sabendo que estes son o alicerce dunha aprendizaxe construtiva.
Un nen@ emocionalmente san terá as ferramentas para:
· A busca da súa FELICIDADE
· A resolución de conflitos
· A superación de frustracións
Preme na imaxe para ver todos os traballos do noso proxecto
