LETRAS GALEGAS 2011

Ben é certo que o galego é unha lingua minoritaria mais temos que tentar que non sexa unha lingua minorizada.
Neste vídeo podes aprender cousas sobre a nosa lingua e o seu status no mundo

 O día 18 de maio, celebramos na nosa escola o día das Letras Galegas. Despois de facer nas aulas unha unidade didáctica sobre Lois Pereiro, dividímonos en 9 grupos para facer un traballo colaborativo. Cada grupo, identificado cunha braceira de cor diferente, fixo unha parte dun crebacabezas coa técnica do collage, usando revistas vellas. O resultado final, unha vez montado o crebacabezas FOI ESPECTACULAR!. Era unha caricatura de Lois Pereiro que quedou estupenda.
 Podedes ver o traballo dos distintos grupos  mailo resultado final na presentación que hai a seguir.

 

Back to top