SAMAÍN

SAMAÍN 2012

MAGOSTO E SAMAÍN, SAMAÍN E MAGOSTO son as festas tradicionais que teñen máis pulo no outono. Traballamos arreo para ter unha decoración da escola o máis bonita posible. Foi un traballo colaborativo, no que tódolos nenos e nenas de educación primaria colaboraron. Os máis cativos participaron coas súas familias e as celebracións foron todo un éxito.

 

SAMAÍN 2011
UN COSTUME  ANTIGO NO SAMAÍN EN GALIZA.

OS RAPACES E RAPAZAS ÍAN POLAS CASAS DEMANDANDO CHULAS DE CABAZA OU  REAIS OU PESETAS.

SE NON CONSEGUÍAN O QUE QUERÍAN, ESPERABAN AOS DONOS DA CASA E ASUSTABANOS DE TAL XEITO QUE ...POLA CONTA QUE LLES TIÑA, DÁBANLLE SEMPRE ALGUNHA LARPEIRADA, SOBRETODO CHULAS DE CABAZA, POSTRE TÍPICO DO SAMAÍN NO BAIXO MIÑO.
NÓS, OS NENOS DE 5 ANOS, FIXEMOS O MESMO POLAS DIFERENTES AULAS DA NOSA ESCOLA.
MIRADE O QUE PASOU...

PARA QUE POIDADES FACER AS CHULAS DE CABAZA (TAMÉN CHAMADAS CHULAS DE CALACÚ), NAS VOSAS CASAS... ESTUDADE BEN A RECEITA.

TEMOS A OBRIGA DE RECUPERAR TÓDALAS NOSAS TRADICIÓNS.
E ESTA É UNHA DELAS.
ESTÁN BOÍSIMAS!
Durante o mes de novembro, mes do medo, moitos nenos e nenas viñeron pola biblioteca durante os recreos  ler ADIVIÑAS MONSTROSAS , aquí temos unha pequena representación.

 

Back to top