ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

 

ORDE do 8 de setembro de 2021 de atención á diversidade

 

Orde do 8 de setembro de 2021 pola que se desenvolve o Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia en que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

COMPOSICIÓN DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
En cumprimento do artigo 4 do Decreto 120/1998 do 23 de abril, polo que se regula a orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia, constitúese o Departamento de Orientación do CEIP Virxe do Rocío, sendo a Xefa do Departamento de Orientación, dona   Mª Mercedes Fernández Mendez

A mestre especialista en Audición e Linguaxe e a orientadora son itinerantes, comparten as súas funcións docentes co CEIP Josefa Alonso e o CEIP Javier Sensat respectivamente.

OBXECTIVOS DO DEPARTAMENTO

1.      Referidos ao centro:
•    Contribuír á dinamización da planificación e organización educativa.
•    Potenciar a coordinación e cooperación entre o centro e as familias
•    Elaborar propostas de medidas específicas de atención á diversidade.
•    Elaborar o Plan de Acción Titorial.

2.    Referidos ao alumnado:
•    Contribuír á personificación dos procesos de ensino-aprendizaxe.
•    Procurar a integración do alumnado no seu grupo e na escola.
•    Desenvolver programas de adquisición de habilidades, técnicas de traballo intelectual, estratexias de aprendizaxe e hábitos de estudo.
•    Identificar as dificultades e potencialidades do alumnado con NEAE, concretando as pautas de actuación e as medidas para a súa atención.
•    Fomentar no alumnado actitudes cooperativas no centro e no contorno.
•    Realizar as avaliacións psicopedagóxicas do alumnado que presente dificultades de aprendizaxe.

3.    Referidos ao profesorado:
•    Coordinar as actuacións do profesorado titor, especialistas en P.T. e A.L. e orientalas de cara a dar resposta ás NEAE do alumnado.
•    Apoiar a actuación do profesorado, proporcionándolle información sobre recursos e estratexias metodolóxicas que poidan favorecer o seu labor docente.

4.    Referidos ás familias:

•    Promover actividades informativas e orientadoras que impliquen ás familias na consecución dos obxectivos educativos.
•    Informar e asesorar ás familias do alumnado, en especial do que ten ANEAE.

PROTOCOLOS  PUBLICADOS POLA CONSELLERÍA:

 

 

 

Back to top