Aula STEAM

Por que as TIC's na educación? 

A revolución tecnolóxica fixo posible incorporar ao noso  tradicional e conservador sistema, técnicas e recursos que posibilitan o exercicio da docencia de xeito que motive aos alumn@s sen necesidade de perder rigor formal.


 

As novas tecnoloxías da información e da comunicación (TIC's) revolucionaron as formas de presentar material didáctico e na actualidade, asistimos a unha revolución comparable a da incorporación do reprodutor de vídeo VHS na docencia.

Todos os cambios tecnolóxicos, sociais e económicos afectan ao sistema educativo que atende á formación de novos cidadáns e, por iso,  a incorporación das novas tecnoloxías na educación  pretende  favorecer as aprendizaxes e facilitar os medios que sustenten o desenvolvemento dos coñecementos e das competencias necesarias para inserción social e profesional.


As TIC dan acceso a unha gran cantidade de información, que non debe confundirse co saber. Para que a información se  transforme en coñecemento o individuo debe facela súa e construír o seu propio coñecemento (construtivismo).

As tecnoloxías da información e da comunicación incorporáronse ao proceso educativo  hai uns anos. Neste tempo quedou demostrado que:

  • Suscitan a colaboración dos alumn@s
  • Axudan a centrar as aprendizaxes
  • Melloran a motivación e o interese
  • Favorecen o espírito de busca
  • Promoven a integración
  • Estimulan o desenvolvemento de certas habilidades intelectuais tales como
    • O razoamento
    • A resolución de problemas
    • A creatividade
    • A capacidade de aprender a aprender

 

Nunha sociedade na que a información ocupa un lugar tan importante é preciso cambiar a pedagoxía e considerar a integración das tecnoloxías como estratexias de aprendizaxe.


 

A competencia dixital 

 

A competencia sobre o tratamento da información e competencia dixital consiste en:

·        Dispoñer de habilidades para buscar, obter, procesar e comunicar información, e  para transformala en coñecemento.

·        Acceso á información e transmisión en distintos soportes unha vez tratada, incluíndo a utilización das tecnoloxías da información e a comunicación como elemento esencial para informarse, aprender e comunicarse

 

AULA STEAM DO NOSO CENTRO

 

Unha hora á semana, o alumnado disporá da aula STEAM na que se  desenvolverán contidos fixados nunha proposta curricular que pretende dotalos de coñecementos informáticos e desenvolver a súa competencia dixital. Estas clases non son competencia do titor@ senón que existe a figura da mestra TIC que ten a responsabilidade de facer que o alumnado acade os obxectivos propostos.

Back to top