BECAS E AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO 22/23
Poderán solicitar as axudas os alumno-as que presenten necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidade, trastornos graves de conduta ou trastorno grave da comunicación e da linguaxe asociada a necesidades educativas especiais.
Así mesmo, poderán solicitar as axudas os alumno-as con Trastorno do Espectro Autista e os alumno-as con necesidade específica de apoio educativo asociado a Altas Capacidades.
Os umbrais de renta e patrimonio están especificados na convocatoria.
Os solicitantes deben cubrir a solicitude vía internet. Toda a información e as explicacións para realizar a solicitude están nesta ligazón:
https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/como-solicitarla.html
Despois de cuberta a solicitude on-line, teñen que imprimila en papel e asinala. No gabinete psicopedagóxico terán que cubrir, selar e asinar o seu apartado nos impresos. Posteriormente terán que entregar no Departamento de Orientación do colexio os papeis impresos de solicitude cubertos, asinados pola familia e selados polo gabinete xunto coa documentación requerida (certificado do nº da conta bancaria do alumno/a, diagnóstico médico do SERGAS, certificado de discapacidade, título de familia numerosa, de selo caso).
Prazo de presentación: ABERTOdende 19 de maio ata o 30 de setembro de 2022 Para evitar complicacións na tramitación das solicitudes non deben agardar ao derradeiro día. |
- blogue de admin
- APIs de Blogue