Novas

ACCIÓN DE VERÁN 2014. CAMPAMENTOS XUNTA DE GALICIA.

in

A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, leva a cabo a promoción e a organización de actividades cun claro compoñente de educación non formal destinadas á xuventude no ámbito do ocio e do tempo libre.

Para favorecer a participación da xuventude en actividades deste tipo, a consellería convoca, unha vez máis, a Campaña de verán 2014 que ofrece a posibilidade de que a xuventude empregue o seu tempo libre estival participando en actividades de carácter lúdico, cultural, deportivo e formativo, que sirvan non só para divertirse, senón tamén para o enriquecemento persoal e vital, ademais de ofrecer a posibilidade de coñecer outros territorios da xeografía nacional a través das actividades que se realizan noutras comunidades autónomas de España.

Así mesmo, a Consellería de Traballo e Benestar, en aplicación do principio de transversalidade das políticas en materia de discapacidade, considera pertinente que ademais das actuacións específicas dirixidas ás persoas con discapacidade, se teñan en conta as necesidades e as demandas destas persoas nas políticas e liñas de acción de carácter xeral en calquera dos ámbitos de actuación pública, como é o ámbito de actuación das políticas dirixidas á mocidade galega.

Con base nestes criterios, tanto a Secretaría Xeral de Política Social como a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado acordan integrar na presente convocatoria as necesidades da mocidade galega na ocupación do seu tempo de lecer, de xeito que neste ano 2014 as mozas e mozos galegas/os con discapacidade, en función das limitacións que presenten, poidan ter a oportunidade de decidir sobre a modalidade de participación á que desexan optar: polo procedemento xeral ou polo procedemento das prazas reservadas de inclusión. Deste xeito preténdese que a inclusión social das mozas e mozos con discapacidade sexa unha realidade ao tempo que se favoreza a interacción e a convivencia entre toda a mocidade.

Acción de verán é un programa de actividades que ten lugar durante os meses de xullo e agosto, tanto en Galicia como noutras comunidades autónomas. Está composto por diferentes áreas, que comprenden actividades de lecer para toda a xuventude e actividades de voluntariado en campos de traballo nacionais e estranxeiros.

 

ÁREAS DE PARTICIPACIÓN

 

CAMPAMENTOS

Son unha forma diferente e divertida de pasar as vacacións estivais.
As diferentes actividades que integran esta programación levaranse a cabo en diversas quendas de entre oito e doce días de duración durante os meses de xullo e agosto.
Podes escoller o campamento que queiras en función da túa idade e das actividades que se leven a cabo nel: actividades de mar, iniciación ao teatro, rutas en bicicleta pola natureza, actividades de multiaventura....

Só tes que animarte a participar!

 Preme na imaxe para mais info

 

 

 Ponte ao día sobre EDUCACIÓN

coa revista OLLOS DE AULA, realizada pola  

Coordinadora Galega de ENDL.

Dun xeito ameno e sinxelo poderás coñecer as novas sobre

o noso SISTEMA EDUCATIVO e acadar ferramentas para axudar os teus fill@s!!

Non  perdas o seguinte número!!

Preme na imaxe e descarga a revista que desexes....


Distribuir contido

Back to top