Primaria

Revista Remuíños 2023 / 2024

E para rematar o curso, publicamos a Revista Escolar Dixital Remuíños, onde recollemos actividades que realizamos ó longo do curso. Preme na imaxe para vela.

CONCERTO DE PAKOLAS

 

GRAZAS ANPA POR ESTE CONCERTAZO DE PAKOLAS: "RAMONA ORBITA. A DONA DO TEMPO"!!!!!

CONTACONTOS: MORTO DE FAME DO HEMATOCRÍTICO (Venres 10 de maio)

Os alumnos e alumnas de 1º e 2º curso de Educación Primaria, escoitaron a David Rodríguez narrando o libro Morto de fame escrito por El Hematocrítico e con ilustracións de Mar Villar.

(Premer na foto para máis información)

 

VISITA A VIVEIROS A GRANXA (mércores 8 de maio)

Os escolares de 5º curso de Educación Primaria visitaron os Viveiros A Granxa de Cee.

Clica na foto para máis información

Apadriñamento lector

Hoxe celebramos o día do libro cun apadriñamento lector onde puidemos compartir momentos e experiencias entre persoas de distintos cursos. Preme na imaxe para ver as fotos.

Cross escolar Noia

O pasado 27 de febreiro asistimos en Noia ás segundas xornadas deportivas Cross Escolar, onde pasamos un día moi ameno e desfrutando do ambiente deportivo que alí se viviu.

No seguinte álbum podedes ver que ben o pasamos! Preme na foto para visualizalo.

Cross escolar

O pasado 2 de febreiro asistimos no Campo de San Paio de Refoxos á Cross escolar, unha xornada deportiva na que participaron diversos colexios da zona. Estamos orgullosos de como se desenvolveu a xornada e do papel desempeñado polo noso alumnado.

Premede na foto para ver o álbum de como foi!

Powered by Drupal - Design by artinet