Primaria

Mandados do Meco

Bos días!

Como a semana que vén celebramos o Entroido, deixámosvos aquí os mandados do Meco para que os poidades consultar.

 

15 DE FEBREIRO

AO LONGO DA XORNADA, O ALUMNADO COLOCOU NA REIXA LAZOS AMARELOS PARA CONTRIBUIR NESTE DÍA.

ADEMAIS DENDE A FUNDACIÓN ALADINA PEDIRON QUE O ALUMNADO VIÑERA CUN PANO NA CABEZA PARA RENDIR HOMENAXE AO NENOS/AS E ADOLESCENTES QUE A CAUSA DO CANCRO E OS SEUS TRATAMENTOS PERDEN O PELO

 

 

 

O CEIP EUGENIO LÓPEZ DESEXA...

Preme na postal para ver como celebramos o Nadal no CEIP Eugenio López.

VISITA APALPADOR!

PREME NA IMAXE PARA VER A VISITA DO APALPADOR AO COLE!

 

Entrevista do alumnado de 6ºA a un grupo de arqueólogos españois en Exipto.

Con motivo do proxecto trimestral que estivemos levando a cabo o alumnado de 6ºA sobre unha civilización tan interesante como é a do "Antigo Exipto", queremos compartir con vós un dos produtos resultantes da nosa investigación. Trátase dunha entrevista que tivemos a oportunidade de realizar a un grupo de arqueólogos e exiptólogos que, durante estes meses, se atopaban excavando en Luxor.

Estes expertos forman parte da Misión Arqueolóxica Española do Instituto de Estudos do Antigo Exipto que está na súa XIII Campaña do Proxecto Visir Amen-Hotep Huy, polo que, aproveitamos para preguntarlles algunhas dúbidas que nos foron xurdindo así como cuestións concretas da labor que estiveron desempeñando.

Esperamos que o disfrutedes e aprendades tanto coma nós.


Día da discapacidade (3 de decembro)

Polo día 3 de decembro, no que se celebra o Día da discapacidade, o noso alumnado de 6º A manda unha mensaxe moi importante a fin de reivindicar a inclusión en calquera ámbito (social, educativo e laboral) de todas aquelas persoas que presentan algún tipo de discapacidade. Por iso, NÓS APOSTAMOS POLA INCLUSIÓN

Día da discapacidade (3 de decembro)

3 DE DECEMBRO

TOD@S BAIXO O MESMO PARAUGAS!

 

Calendario advento!

 

 

Preme na imaxe para acceder

Powered by Drupal - Design by artinet