Novas
Nota informativa
Estimadas familias, a causa da ausencia da cociñeira dende o lunes 14 vimonos obrigados a facer cambios no menú. Esperamos voltar á normalidade o antes posible, pedimos desculpas.
Cambios no menú
Estimadas familias, con motivo da baixa da cociñeira o menú está sofrendo modificacións de última hora, pedimos desculpas.
INICIO COMEDOR ESCOLAR 2022-2023
Estimados pais, o comedor escolar é un servizo complementario de carácter educativo que, ademais de servir á administración educativa como factor importante para a escolarización, tamén desenvolve unha destacada función social e educativa. Así, os comedores escolares, ademais de cumpriren unha función básica de alimentación e nutrición, están integrados na vida e organización dos centros educativos de tal maneira que a súa programación, desenvolvemento e avaliación forma parte da programación xeral anual do centro educativo. E por eso que o Xoves 8 de Setembro comeza o servizo complementario de comedor do CEIP Plurilingüe Eugenio López para os alumnos admitidos no comedor escolar.
Os alumnos de infantil comerán nas súas aulas e os alumnos de Primaria farano no comedor nunha soa quenda.
As faltas de asistencia deberán ser xustificadas por escrito e antes das 9:45h da mañá do día que vai a faltar, os xustificantes colleranse e entregaranse en conserxería.
A saída do servizo complementario de comedor será na seguinte orde:
Infantil casa: 15:15h
Primaria casa: 15:30h
Transporte: 15:40h (excepto os Luns que saíran as 16:30)
(Os horarios poderán demorarse os 2 primeiros días)
Adxuntos se encontran os xustificantes das faltas de asistencia e as normas básicas de convivencia
COMEDOR 2022/2023
Estimadas familias:
Segundo a Instrución 2/2022, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, do 1 de xuño, sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión directa no curso escolar 2022-2023, para poder ser usuario deste servizo haberá que entregar no centro o modelo de autodeclaración (Anexo II) (A renda neta per cápita familiar corresponderá ao ano 2021).
Para colaborar no comedor, haberá que entregar o Anexo III desta Instrución debidamente cuberta e aportar a acreditación de non ter sido condenado en sentencia firme por delitos sexuais, ademais de certificación acreditativa dunha entidade financeira onde dispoñan de conta.
Lembramos que a secretaría do centro permanecera aberta ata o 29 de xullo de 10:00 a 13:00.
Atentamente,
O EQUIPO DIRECTIVO