Skip to Content

XII Abraço ao rio Lima

Os pasados 10 e 11 de outubro participamos no XII Abraço ao Río Lima.

Esta iniciativa da câmara de Ponte de Lima e do Concello de Xinzo de Limia pretende conmemorar o Día da Auga.

Agradecidísimos polo convite e, tendo en conta, que o noso centro está moi sensibilizado coa importancia que ten a auga e o uso responsable que hai que facer dela, decidimos abrazar por segunda vez ao río Lima.

Foron dous días de convivencia fantásticos cos nosos compañeiros e compañeiras do CEIP Rosalía de Castro e cos centros de Ponte de Lima.

Tivemos a oportunidade de visitar Ponte de Lima, a Basílica de Santa Luzía, Viana do Castelo e ata de refrescar un pouco os pés na praia!

Agradecer aos Concellos de Xinzo de Limia e Ponte de Lima e ás escolas  tódalas facilidades que nos deron para poder participar.

Queremos facer unha mención especial para José Manuel, o dire, e as compañeiras Manolita, Mari e Pepa que nos acompañaron nesta aventura!

As actividades intercentros contribúen a mellorar as relacións interpersoais e esta experiencia en concreto permitiunos compartir cos nosos veciños lusos, ademais do río, a lingua, xa que o galego e o portugués son ao final dúas variedades lingüísticas nacidas dunha mesma lingua: o galaicoportugués.

Os ríos, co seu fluír, teñen a capacidade de separar, establecendo fronteiras e límites, pero tamén son un sistema que nos une. E así foi cos nosos amigos e amigas de Xinzo de Limia e Ponte de Lima.

Pasámolo tan tan ben que xa agardamos ansiosos a próxima edición do abraço. Até já!

Non podedes perder a segunda parte do vídeo. Premede no seguinte enlace: https://charcalibros.blogspot.com/2023/10/mais-um-ano.html

Aquí podedes ver distintas publicacións relacionadas co abrazo:

https://www.cm-pontedelima.pt/pages/941?news_id=8268

https://www.altominho.tv/site/2023/10/06/atividade-xii-abraco-ao-rio-lima-sensibiliza-para-valorizacao-do-rio/

https://www.laregion.es/articulo/a-limia/mas-mil-alumnos-abrazo-ao-rio-limia/202310112223431249286.html

 

 

 

 

 



blog | by Dr. Radut