ASÍ É A NOSA ESCOLA

Enviado por admin o Lun, 01/07/2024 - 07:00

Aquelas persoas interesadas en coñecermos podedes ver na seguinte presentación os puntos fortes do noso Proxecto Educativo.

( categories: )

HORARIO DE VERÁN

Enviado por admin o Lun, 01/07/2024 - 06:02

No mes de xullo atenderase con cita previa. Pode solicitarse a través do enderezo electrónico ceip.valle.inclan.vigo@edu.xunta.gal.

No mes de agosto o centro permanecerá pechado.

Resolución Axudas da Consellería para libros e material para o curso 2024-25.

Enviado por admin o Ven, 24/05/2024 - 06:13

 

Xa están publicadas as LISTAXES DEFINITIVAS do alumnado admitido e excluído no Fondo Solidario de libros de texto (3º e 4º EP: inglés) e axudas para material escolar para toda a Educación Primaria.

- As familias que presentaron a SOLICITUDE ELECTRÓNICA, podedes ver o resultado do fondo solidario de libros de texto e axudas de libros e material na aplicación de Fondo Libros da Consellería.

- As familias que presentaron a solicitude PRESENCIAL, podedes ver o resultado do fondo solidario de libros de texto no taboleiro interno do centro. 
 
- As listaxes das axudas de libros e material non se publican no taboleiro por protección de datos. Podedes consultalas enviando correo electrónico ao centro.

- En SETEMBRO recolleranse os VALES de material. Mandarase un Abalar cos días e o horario de secretaría. Os LIBROS do fondo solidario (o libro de inglés de 3º e 4º EP), no caso de utilizalo, recollerase unha vez comece o curso.

  • 9 de xullo: Publicación de listaxes provisionais.
  • 10 e 11 de xullo: Reclamacións ás listaxes provisionais.
  • 12 de xullo: Publicación de listaxes definitivas.
  • SETEMBRO: os VALES de material escolar recolleranse en setembro. Mandarase un Abalar cos días e o horario de secretaría. Os LIBROS do fondo solidario (o libro de inglés de 3º e 4º de Primaria), no caso de utilizalo, recollerase unha vez comece o curso.

 

 

 

 

 

( categories: )
Distribuir contido