ORDES MECO, ENTROIDO 2022

Enviado por admin o Sáb, 19/02/2022 - 06:47

ATENCIÓN, ATENCIÓN!!

O Meco entra en acción!!

Estas son as ordes acumulativas de Don Ramón.

Pon o ollo e a orella que comeza a diversión:

 

LUNS, 21 DE FEBREIRO:

Se o luns no cole queres tolear,

algo na testa debes levar.

 

MARTES, 22 DE FEBREIRO:

Dende a mañá ata o solpor,

un calcetín de cada cor

o martes tes que pór.

 

MÉRCORES, 23 DE FEBREIRO:

O Meco, como bo vigués,

manda este mércores traer...

unha prenda do revés!

 

XOVES, 24 DE FEBREIRO:

Non todo é mandar!

O xoves tócache innovar.

Un disfrace libre podes levar!

 

VENRES, 25 DE FEBREIRO:

O Entroido no Valle toca ao seu fin

cunha festa para xogar e rir.

No desfile poderás danzar

e os nosos disfraces brillarán.

( categories: )

DÍA SOBRE RODAS

Enviado por admin o Lun, 14/02/2022 - 14:05

Estimadas familias:

Chega ao cole o "DÍA SOBRE RODAS".
O alumnado do colexio, un día á semana, pode traer un patinete ou patíns ao colexio para poder gozar deles no tempo do recreo.
O único obrigatorio é traer as proteccións e casco e, por suposto, pasalo ben.

DÍA SOBRE RODAS

XORNADAS PORTAS ABERTAS

Enviado por admin o Mér, 09/02/2022 - 15:56

Estimadas familias, no mes de febreiro comezamos coa xornada de portas abertas do CEIP Valle Inclán de Vigo para que podades coñecer de cerca a escola e a súa metodoloxía.

Se queredes realizar unha visita, debedes chamar ao centro para anotarvos no día correspondente.

Esperámosvos.

Distribuir contido