NOVAS DO CENTROEventosIniciar sesión |
3° CLASIFICADOS NOS PREMIOS EDUCATIVOS INNOVAGALEnviado por admin o Lun, 17/01/2022 - 07:06
A Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional ven de concedernos este galardón polo noso compromiso coa innovación educativa buscando así dar resposta as necesidades do noso alumnado. Neste caso en concreto premian o noso traballo no #obxectivo5dexuño . O mundo que queremos. Reto Cinto Verde. Onde o alumnado, a partir das propostas do Club de Convivencia, involucrouse activamente na reforestación dos Montes de Vigo, dando resposta a unha necesidade social. Parabéns a todas as persoas que o fixeron posible ( categories: )
ADIXEnviado por admin o Lun, 22/11/2021 - 05:36
Estimadas familias: Segundo a resolución do 7 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se seleccionan, con carácter experimental, os centros docentes públicos que constituirán a Rede Galega de Educación Dixital, para o curso 2021-2022, o noso centro foi seleccionado para participar nesta rede. Poderedes atopar toda a información facendo click na imaxe. “SEXUALIDADE INFANTO-XUVENIL PREVENCIÓN DO ABUSO E ACOMPAÑAMENTO”Enviado por admin o Xov, 19/01/2023 - 07:32
Prezadas familias:
Xa temos preparada a nosa seguinte ENAPA:
“SEXUALIDADE INFANTO-XUVENIL PREVENCIÓN DO ABUSO E ACOMPAÑAMENTO”
Será o próximo luns 30 de xaneiro de 2023, de 17:30 a 19h. Correrá a cargo da Asociación AMINO, Asociación Abuso y Maltrato Infantil NO.
Na charla trataremos aspectos básicos sobre:
Como xa comentamos o relatorio se realizará de xeito presencial, na aula de ENAPAS, a cal se accede pola porta esquerda do colexio e está no cuarto andar. Este ano non precisamos inscrición para poder asistir ao relatorio, a entrada será libre ata 40 persoas.
Tamén haberá un servizo de ludoteca que terá un custo de 4€ por peque e pagarase en efectivo á persoa que este na ludoteca, de precisar este servizo haberá que enviar un correo ao email da ANPA: anpa.ceip.valle.inclan.vigo@gmail.com
Agardamos vervos o luns día 30 de xaneiro. Agradecemos difusión. Recibide unha aperta,
Isabel Landín Coordinadora das ENAPAS do CEIP Valle- Inclán ( categories: )
|