Saltar navegación.

Curso 2020-21 3º E 4º DE PRIMARIA

En 3º e 4º de Primaria  parécenos importante o noso benestar físico. A pesares das circunstancias tan especiais que vivimos este curso, quixemos coñecer un pouco máis a nosa contorna e entrar en contacto coa natureza. Así, ao mesmo tempo,aplicamos o que estudamos nas áreas de Ciencias Naturais e Sociais.
Puxemos en funcionamento os nosos sentidos para ver cores, flora, fauna…; para escoitar as ondas do mar, os cantos dos paxaros…; para ulir as flores, os recendos a mar, a herba…
Os terceiros fixemos un roteiro do doce ao salgado:

E como o pasamos!

Os cuartos fomos a un monumento natural: á costa de Dexo-Serantes, Zona Especial de Conservación integrada na Rede Galega de Espacios Naturais Protexidos.