Saltar navegación.

Benestar_fisico

Benestar físico

PRIMEIRA VIAXE DE OBSERVACIÓN CO PROGRAMA ERASMUS: FINLANDIA

A nosa compañeira Chus, viaxou a Finlandia co Programa Erasmus, no que participamos, para observar outros centros, metodoloxías e sistemas educativos. Agardamos veñan cheos de novidades, aprendizaxes e propostas, para levar a cabo cos nosos nenos e nenas.

Facendo brochetas e batidos

brochetas e batidos

Como tiñamos froita e leite, estivemos facendo brochetas e batidos de pera e plátano.

Curso 2021-2022

O noso colexio está a participar no Programa escolar de consumo de froitas, hortalizas e leite. Con este motivo elaborouse e distribuiuse entre todo o alumnado un póster co prato saudable ou prato Harvard, recomendacións para un almorzo saudable, para a redución de uso de plástico...

1º CICLO

Coa chegada do bo tempo, saimos a coñecer a nosa contorna próxima:“O bosque dos veciños”.  Ademais de aprender  sobre as plantas e animais que alí viven, aproveitamos a ocasión para facer un pequeno roteiro á pé e xogar neste entorno tan fermoso.

   

Curso 2020-21 3º E 4º DE PRIMARIA

En 3º e 4º de Primaria  parécenos importante o noso benestar físico. A pesares das circunstancias tan especiais que vivimos este curso, quixemos coñecer un pouco máis a nosa contorna e entrar en contacto coa natureza. Así, ao mesmo tempo,aplicamos o que estudamos nas áreas de Ciencias Naturais e Sociais.
Puxemos en funcionamento os nosos sentidos para ver cores, flora, fauna…; para escoitar as ondas do mar, os cantos dos paxaros…; para ulir as flores, os recendos a mar, a herba…
Os terceiros fixemos un roteiro do doce ao salgado:

E como o pasamos!

Os cuartos fomos a un monumento natural: á costa de Dexo-Serantes, Zona Especial de Conservación integrada na Rede Galega de Espacios Naturais Protexidos.

   

    

Distribuir contido