Saltar navegación.

Entorno_saudable

Entorno saudable

PRIMEIRA VIAXE DE OBSERVACIÓN CO PROGRAMA ERASMUS: FINLANDIA

A nosa compañeira Chus, viaxou a Finlandia co Programa Erasmus, no que participamos, para observar outros centros, metodoloxías e sistemas educativos. Agardamos veñan cheos de novidades, aprendizaxes e propostas, para levar a cabo cos nosos nenos e nenas.

Os veleiros verdes

E aquí están os nosos veleiros verdes, verdes coma o planeta que queremos!  

                       

O xardín vertical do Valle Inclán

Plantas, flores e plantas aromáticas para o noso xardín vertical!

Os pequenos e pequenas reciclamos!

Reciclamos

Aprendemos a separar o plástico, do papel e dos restos orgánicos.

Reciclaxe de bolis, rotuladores, pinturas...

Tamén a separar os rotus, bolis, pinturas...que xa están esgotados para a súa reciclaxe.

Na beira do mar hai moito que ver

na beira do mar hai moito que ver

Coñecer a contorna axuda a respectala.

O alumnado de 6º está a explicar aos máis pequenos/as unha exposición que temos nos corredores sobre o medio mariño.

Pósters sobre as árbores do noso centro

O alumnado de sexto de Primaria púxose mans á obra e observou, investigou e fixo grupos de traballo para elaborar pósters sobre cada unha das árbores que hai no noso recinto. Velaquí o resultado que se expuxo nos corredores.

As árbores do noso colexio

Non queremos que as árbores do colexio sexan "eses descoñecidos", e a maioría do alumnado non sabe o nome de moitas árbores dos patios onde xogan. Desta observación nace unha publicación que se fixo no noso Centro, que pretende achegar aos nenos e nenas a contorna próxima mediante información científica, educativa e anecdótica que permita o traballo da natureza do CEIP Ramón Mª Valle Inclán.

1º CICLO

Gozamos moito no noso patio cando saimos ao recreo. Gústannos xogar ás agochadas detrás das árbores, recoller ourizos no outono, falar  deitados na herba...pero para isto non pode haber lixo tirado no chan . Por iso, aproveitamos algúns momentos para baixar ao patio e recoller todos os envases  e plásticos que imos atopando. 

Distribuir contido