Saltar navegación.

Benestar_emocional

Benestar emocional

PRIMEIRA VIAXE DE OBSERVACIÓN CO PROGRAMA ERASMUS: FINLANDIA

A nosa compañeira Chus, viaxou a Finlandia co Programa Erasmus, no que participamos, para observar outros centros, metodoloxías e sistemas educativos. Agardamos veñan cheos de novidades, aprendizaxes e propostas, para levar a cabo cos nosos nenos e nenas.

Marea verde

marea verde

Para celebrar o Día da Paz preparamos unha auténtica Marea Verde

Me gusta / No me gusta cuando...

me gusta no me gusta

No terceiro ciclo estivemos a reflexionar sobre o que nos gusta e non nos gusta e fixemos murais.

Escaleiras con mensaxe

escaleiras   

mensaxes escaleiras

A principio de curso atopamos mensaxes nas escaleiras do noso colexio, así que nos puxemos a traballar sobre o que querían dicir.

1º CICLO

Dende o Primeiro Ciclo estamos a traballar a resolución pacífica dos conflitos. Para isto dispoñemos dunhas ferramentas que nos axudan nesta labor: “OS TERMÓMETROS DOS CONFLITOS”. Estes aparellos miden a intensidade dos desacordos que van xurdindo na aula ou no patio  e clasifícanos en tres niveis: problema grande, mediano e pequeno. Cando xa sabemos de que tipo é, soamente temos que mirar a solución que debemos buscar para arranxalo.

Ao longo da mañá, necesitamos momentos de calma. Un dos recunchos os que acudimos a miúdo  é  a “MESA DA PAZ” pola que pasamos cando precisamos  un pouco de tranquilidade.

Todos somos diferentes e a súa vez iguais. Despois de ler contos nas aulas  e ver algúns videos, intentamos buscar unha resposta para a pregunta: “DE QUE COR É A COR CARNE?” Chegamos a conclusión de que a pel pode ser de moitas cores, pero que todas son iguais de importantes e debemos respetar a todas e todos sen importar a cor da súa pel.

Curso 2020-21. 3-4º PRIMARIA

Como xa dicían en latín “Mens sana in corpore sano” polo tanto non nos podiamos olvidar das emocións e tamén estivemos traballando nelas

   

   

Distribuir contido