Axudas

Becas e axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo curso 2024-2025

Xa está aberto o prazo para solicitar as becas e axudas para alumnos con necesidad específica de apoio educativo.

Toda a información pode consultarse a través da seguinte ligazón.

O prazo é do 30 de abril ao 13 de setembro de 2024.

 

                             

 

AXUDAS para a ADQUISICIÓN de MÁSCARAS

A Consellería de Educación ven de publicar a 'ORDE do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria en centros docentes públicos dependentes desta consellería no curso 2021/22'.

 

O alumnado que fose beneficiario da axuda para adquirir material non terá que presentar a solicitude, se lles concederá automáticamente. 

Para o resto do alumnado, o prazo de solicitude é ata o 26 de novembro.

Toda a información a tedes no seguinte enlace:

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anunciog0598-081121-0001_gl.pdf

A solicitude será presencial no centro cubrindo o anexo I do anterior enlace ou co formulario na sede electrónica da Xunta de Galicia: http://www.sede.xunta.gal

LISTAXE LIBROS DE TEXTO CURSO 2020/2021

Publícase a listaxe de libros de texto para o vindeiro curso 2020/2021.

Para acceder á mesma, prema na imaxe.

Conjunto de libros y escaleras. Foto gratis

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR EN EDUCACIÓN PRIMARIA

O Diario Oficial de Galicia (DOG) ven de publicar a ORDE do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21.

DESTINATARIOS:

     Axudas para adquirir libros de texto: ALUMNADO DE 1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

     Axudas para adquirir material escolar: ALUMNADO DE 1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

FORMA DE PRESENTACIÓN:

Pódese cubrir na aplicación Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), despois de cuberta deberá gardala e optar por unha destas formas de presentar:

- Presencial: No CEIP de Tabeaio en horario de 10h a 13h. Hai que imprimir a solicitude e o anexo II e presentalos debidamente asinados, xunto coa documentación.

- Vía telemática: Presentala na Sede Electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

Axudas libros de texto e material escolar 2019/2020

 

AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

 

Segundo a Orde do 3 de maio de 2019, xa está aberto o prazo para solicitar axudas para adquirir libros de texto e material escolar ata o 21 de xuño de 2019.

Toda a información relativa a este proceso, así como os anexos de solicitude poden descargarse a través do seguintes enlaces:

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/27873

http://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros

https://www.edu.xunta.es/fondolibros/

Anexos I e II

 

A solicitude pode entregarse no centro, cubrirse a través da aplicación Fondolibros e despois entregala no centro, ou presentala telemáticamente na Sede Electrónica da Xunta de Galicia a través da aplicación anteriormente citada. 

 

 

 

Distribuir contido