ADMISIÓN DE ALUMNOS 2024-2025: Publicación listaxes provisionais

Hoxe, 15 de abril, xa se poden consultar as listaxes provisionais de admitidos e non admitidos para o próximo curso 2024-2025 no taboleiro da biblioteca do centro.

Queda gardada na secretaría do centro unha listaxe provisional coa puntuación obtida desagregada por criterios do baremos para a consulta por parte das persoas interesadas no proceso de admisión, tras sinatura dun documento de confidencialidade.

Poderánse formular reclamacións ante o Consello Escolar do centro no prazo de 5 días hábiles a partir do día seguinte á publicación da listaxe.