Snowball Alabastro, un elfo moi revoltoso.

A semana pasada chegamos á escola e atopámonos coa biblioteca toda desordenada!

Os nenos e nenas foron axudar a recoller e atopámonos cun elfo entre os libros. Era Snowball Alabastro, iso dicía no seu pasaporte. E enterámonos de que vai quedar con nós ata que chegue Papá Noel a noite de Nadal, pero mentres este elfo vai facer das súas cada día...