MATRÍCULA 2022-2023

Todo o alumnado admitido para o curso 2022-2023 debe formalizar a matrícula no centro do 20 ao 30 de xuño.

A continuación detállase a documentación necesaria:

-Impreso de formalización de matrícula onde se recolle tamén a manifestación expresa de que o pai/nai ou titor/a legal da vontade de que o alumno/a reciba ou non ensinanzas de relixión. Este impreso pode recollelono centro ou descargalo aqui.

-DNI do alumno/a (orixinal e fotocopia).

-Tarxeta sanitaria (orixinal e fotocopia).

-Informe médico e certificado de vacinacións.

-Libro de familia (orixinal e fotocopia de todas as páxinas).

-Autorización para o uso da imaxe do neno ou nena. Pode descargala aquí.

-Dúas fotografías tamaño carné.

-No caso de separación ou divorcio, copia compulsada da sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a custodia do alumno/a.

 

*Toda a documentación entregarase no centro solicitando cita previa no seguinte email: ceip.tabeaio@edu.xunta.gal

 

*Non é preciso entregar de novo a documentación que xa se entregou no proceso de admisión.

AdxuntoTamaño
Autorización web e imaxe persoal.pdf100.44 KB
IMPRESO FORMALIZACION DE MATRICULA 2022-2023.pdf98.86 KB