AXUDAS CURSO 2022/2023: LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

O Diario Oficial de Galicia (DOG) ven de publicar a ORDE do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23.

TODA A INFORMACIÓN DETALLADA EN: AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO CURSO 2022-2023

BREVE RESUMO:

- DESTINATARIOS:

     Axudas para adquirir libros de texto: ALUMNADO DE 1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

     Axudas para adquirir material escolar: ALUMNADO DE 1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

- FORMA DE PRESENTACIÓN:

As solicitudes presentaranse preferiblemente na aplicación Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

Tamén pódese imprimir a solicitude ANEXO I e o ANEXO II e presentalos debidamente asinados, xunto coa documentación no centro educativo ou en calquera rexistro oficial.

- DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR:

- Copia do libro de familia na que figuren todos os membros da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor. 

- Certificado, no caso de discapacidade, dalgún membro da unidade familiar incluidos na solicitude. 

- PRAZOS DE ENTREGA: 

 ATA O MÉRCORES 22 DE XUÑO

AdxuntoTamaño
AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO CURSO 2022-2023.pdf332.81 KB
Anexo I.pdf1.61 MB
Anexo II.pdf990.25 KB
orde 29 de abril de 2022.pdf1.11 MB