ADMISIÓN CURSO 2022/2023: Apertura do prazo para solicitudes de admisión de alumnos/as

O Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, a Orde do 12 de marzo de 2013 e a Orde do 25 de xaneiro de 2017 da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, regulan o procedemento para a admisión e matriculación do alumnado nos centros docentes sustentados con fondos públicos que imparten ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato.

                                                         

 

NÚMERO DE VACANTES DO CENTRO

  • 2º ciclo de Educación Infantil: 9 vacantes.
  • 1º e 2º de Educación Primaria: 11 vacantes.

*Para escolarizar alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, reservaranse entre un mínimo dun 10 dez e un máximo dun quince por cento de postos escolares por unidade (incluídas no número total de vacantes ofertadas). No momento da solicitude deberán xustificar coa documentación pertinente a situación de alumnado con necesidades específicas de apoio.

 As prazas reservadas non adxudicadas a este alumnado asignaranse conforme o proceso ordinario.

 

SOLICITUDE DE ADMISIÓN:

  • Para solicitar a admisión no CEIP de Tabeaio hai varias opcións:
    • Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica: Na aplicación da Xunta ‘AdmisionAlumnado’ (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado). Aí poderápresentar a solicitude de admisión e consultar o estado de tramitación da solicitude. É preciso dispoñer da Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).
    • Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro: Na aplicación da Xunta ‘AdmisionAlumnado’ (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado). Pode cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro.
    • Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro.

 *As solicitudes deben vir asinadas polos 2 proxenitores, incluindo a autorización para a consulta de datos, de non autorizar esta deben adxuntar copia do DNI da persoa solicitante e de todos os membros da unidade familiar.

  • A documentación a presentar será a fotocopia cotexada do libro de familia con todos os membros e o certificado de empadronamento.
  • Para a entrega de solicitudes pedirase cita previa no email:  ceip.tabeaio@edu.xunta.gal

As franxas horarias de entrega de solicitudes serán nos seguintes horarios: luns a venres de 14:05-14:20 horas, ou luns de 16:00-17:00 horas, previa cita.

 

PRAZOS:

  • O prazo para presentar solicitudes de admisión é do 1 ao 21 de marzo.

 A documentación a presentar será fotocopia cotexada do libro de familia con todos os mebros e o certificado de empadronamento.

  • No caso de que houbese máis solicitudes que vacantes, ábrese un prazo ata o 15 de abril, para a presentación da documentación xustificativa dos criterios do baremo.
  • A relación provisional do alumnado admitido e non admitido publicarase no taboleiro de anuncios do centro, antes do 25 de abril.

Poderase formular reclamación ante o Consello Escolar do centro no prazo de 5 días hábiles a partir do día seguinte á publicación da listaxe.

  • A relación definitiva do alumnado admitido e non admitido publicarase no taboleiro de anuncios do centro, antes do 15 de maio.

Contra a relación definitiva de admitidos poderase interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Xefatura Territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte a publicación.

 

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA:

  • Todo o alumnadoadmitido para o próximo curso próximo, 2022-2023, debe formalizar a súa matricula cubrindo o impreso que se facilitará na web do centro, do 20 ao 30 de xuño.

 

Máis información no seguinte enlace: http://www.edu.xunta.gal/portal/familiasealumnado/escolarizacioneadmision

AdxuntoTamaño
ed550b-g solicitrude admisión de alumnos.pdf1.31 MB