DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS PARA O ALUMNADO DE PRIMARIA

Bo día familias!

A Consellería de Educación ven de publicar a ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E).

ALUMNADO DESTINATARIO: 

Alumnado matriculado en Educación Primaria (non para Educación Infantil)

a) Non ten que presentar solicitude:

O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021.

b) Ten que presentar solicitude:

O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 que

cumpra algunha das seguintes condicións:

• Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

• Alumnado matriculado en educación especial.

• Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

 

TRAMITACIÓN  E PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES:

  • Presencialmente no centro en horario de 14:00h a 14:30h.

  • Prazo presentación: desde o 16 ata o 27 de novembro 2020 ámbolos dous incluidos.

  • DOCUMENTACIÓN, ANEXO I E ANEXO II. 

Ligazón á orde do  6 de novembro, pinchar aquí.

Anexos I, Anexo II pinchar aquí.

As listaxes provisionais publicaránse no taboeiro do centro o luns 30 de novembro e en caso de exclusión na listaxe provisional, as persoas afectadas poderán formular reclamación ante o centro docente nos dous (2) días hábiles seguintes ao da súa publicación.