ADMISIÓN 2020/2021: Publicación de listaxes provisionais

Dende hoxe venres 5 de xuño, podedes consultar as listaxes provisionais de admitidos e non admitidos para o curso 2020-2021.

Seguindo instruccións da Consellería de Educación, este curso NON podemos publicar as listaxes na web do centro por mor da Lei de protección de datos.

Podedes consultalas:

PRESENCIALMENTE: Acudindo ao colexio, as tedes no taboleiro, al lado da aula de Primaria. Sempre haberá alguén entre as 10:30h e as a 13:30h.

TELEMÁTICAMENTE: A través da aplicación admisionalumnado empregando Chave365 ou certificado dixital.

Igualmente, e por mor da Lei de protección de datos, NON podemos facilitar datos por teléfono sobre as listaxes. 

Os días 9, 10 e 11 de xuño poderanse presentar reclamacións a estas listaxes no colexio en horario de 10:30h a 13:30h.

 As listaxes definitivas as publicaremos previsiblemente o mércores 17 de xuño.

O prazo para formalizar a matrícula os alumnos admitidos será do 1 ao 10 de xullo.