AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR EN EDUCACIÓN PRIMARIA

O Diario Oficial de Galicia (DOG) ven de publicar a ORDE do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21.

DESTINATARIOS:

     Axudas para adquirir libros de texto: ALUMNADO DE 1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

     Axudas para adquirir material escolar: ALUMNADO DE 1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

FORMA DE PRESENTACIÓN:

Pódese cubrir na aplicación Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), despois de cuberta deberá gardala e optar por unha destas formas de presentar:

- Presencial: No CEIP de Tabeaio en horario de 10h a 13h. Hai que imprimir a solicitude e o anexo II e presentalos debidamente asinados, xunto coa documentación.

- Vía telemática: Presentala na Sede Electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR:

- Copia do libro de familia na que figuren todos os membros da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor. 

- Certificado, no caso de discapacidade, dalgún membro da unidade familiar incluidos na solicitude. 

PRAZOS DE ENTREGA: 

 DO 20 DE MAIO AO 19 DE XUÑO