Blogues

Xornada de portas abertas

O luns 26 de febreiro de 16:30 a 17:30 horas terá lugar unha Xornada de Portas Abertas para quen queira vir coñecer o noso centro.

 

Pregámosvos que confirmedes asistencia a través do noso enderezo electrónico: ceip.tabeaio@edu.xunta.gal

 

Clicade aquí para ver o cartel en grande

Actividades Reforzo Interactivas. Semanas do 04 ao 17 de outubro

Ola familias:

Xa que os nenos están desexosos de tarefas telemáticas aí van un par de actividades de ‘Liveworksheets’. Son totalmente voluntarias e serven para repasar cousas do que vemos na aula.

A dinámica era moi sinxela:

1º) Pinchades abaixo nos enlaces, dependendo do curso.

2º) Completades a ficha.

3º) Unha vez rematada, hai unha icona de “Terminado”. Pinchades nesa icona e a continuación abrirase unha ventá e aí volvedes a pinchar en “Enviar mis respuestas a mi profesor/a”.

4º) Completades co voso nome, nivel e poñedes o mail: ceip.tabeaio@gmail.com e pinchades en “Enviar”. Listo!

 

1º EDUCACIÓN PRIMARIA

MATEMÁTICAS

Números hasta el 10

https://es.liveworksheets.com/ji491047rl

 

LINGUA GALEGA

ACTUALIZACIÓN dos PLANS de ADAPTACIÓN e CONTINXENCIA

Ola familias!

Poñemos a disposición da comunidade educativa a actualización dos plans de Adaptación e Continxencia do CEIP de Tabeaio para o curso 2021/2022. Os podedes descargar no menú da dereita da web 'INFO COVID-19' ou no Menú de 'SECRETARÍA' - Documentos na esquerda da web.

Unha aperta!

Concerto "De aquí para ala" na Coruña

Ola familias!

O vindeiro xoves 13 de febreiro asistiremos ao Pazo da Ópera da Coruña para ver a obra musical “De aquí para alá”, ás 12:00 horas. Toda a info en: SON FUTURO

O custe da entrada por neno/a é de 2 euros.

Celebración do Entroido

CELEBRACIÓN DO ENTROIDO:

Distribuir contido