Últimas novas

PECHE TEMPORAL DO CEIP TABEAIO

A partir do luns 16 de marzo de 2020 o cole permanecerá pechado ao ser un centro de menos de 6 unidades. Durante estes días sen actividades lectivas teredes tarefas colgadas na paxina web do centro, na MARXE ESQUERDA, tedes un apartado de ACTIVIDADES con Infantil, Primaria e TICS. Para calqueira dúbida, incluidas as tarefas, podedes enviar un mail ao correo do centro: ceip.tabeaio@edu.xunta.gal

Contacontos para conmemorar o 8M!

Co gallo da conmemoración do 8 de marzo, día internacional da muller, fixemos na escola un contacontos e un taller baseado no conto 'Até as princesas botan peidos'. Nesta lectura, o pai de Laura abriu o libro secreto das princesas e contoulle á súa filla algo que ninguén sabía... Descubre ese segredo que a xente descoñece. Moitas grazas aos membros de 'Innovamos', a empresa que desenvolveu o traballo. Ahí tedes un pequeno video-resumo da actividade: 

 

ADMISIÓN 2020/2021: Apertura do proceso de admisión de alumnado

O Decreto 254/2012, do 13 de decembro, a Orde do 12 de marzo de 2013 e a Orde do 25 de xaneiro de 2017 da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, regulan o procedemento para a admisión e matriculación do alumnado nos centros docentes sustentados con fondos públicos que imparten ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato. 

 

SOLICITUDE DE ADMISIÓN:

  • Deben solicitar seren admitidos neste centro tódolos nenos e nenas que queiran estudar nel o curso que vén, 2020-2021, e que non estean aquí no curso actual.

  •  Para solicitar a ADMISIÓN no CEIP de Tabeaio hai varias opcións:

Entroido 2020

Aquí tedes un pequeno vídeo coas imaxes da festa do Entroido 2020. Moitas grazas ás familias pola vosa colaboración nas actividades, na merenda con orellas, filloas e rosquillas e na confección dos disfraces. Este ano íamos todos de buzos para dar continuidade ao proxecto anual dedicado ao mar e a redución de plásticos. Saíu todo perfecto! Parabéns!

'De aquí para alá' no Pazo da Ópera da Coruña

Esta semana os nenos do CEIP de Tabeaio desfrutamos do espectáculo 'De aquí para alá' no Pazo da Ópera da Coruña. 'De aquí para alá' é un proxecto didáctico musical no que mediante unha viaxe arredor do mundo os nenos foron aprendendo, escoitando, bailando e cantando as músicas de cada lugar, na procura de novos sons e xéneros musicais, como a bossa-nova, o rap, o son cubano, o reggae, o ska… Ahí tedes un pequeno video da nosa saída. Esperemos que o desfrutedes!!!

Lúns, 2 de Marzo: 'Xornada de Portas Abertas'

O vindeiro lúns 2 de Marzo as 16:30h levaremos a cabo unha xornada de portas abertas no CEIP de Tabeaio. Estades todos convidados!!

  

Concerto "De aquí para ala" na Coruña

Ola familias!

O vindeiro xoves 13 de febreiro asistiremos ao Pazo da Ópera da Coruña para ver a obra musical “De aquí para alá”, ás 12:00 horas. Toda a info en: SON FUTURO

O custe da entrada por neno/a é de 2 euros.

ADMISIÓN 2020/2021: Apertura prazos reserva de praza para o CEIP Vicente Otero

O Decreto 254/2012, do 13 de decembro, a Orde do 12 de marzo de 2013 e a Orde do 25 de xaneiro de 2017 da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, regulan o procedemento para a admisión e matriculación do alumnado nos centros docentes sustentados con fondos públicos que imparten ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, primaria, educación secundaria obligatoria e bacharelato.

RESERVA DE PRAZA: 

  • Para o alumnado que no vindeiro curso desexa continuar estudos no centro de adscrición (CEIP Vicente Otero).

  • O prazo é do 1 ao 17 de febreiro

  • A solicitude preferiblemente cubrirase na aplicación admisionalumnado. Poden presentar a solicitude de admisión de forma electrónica dende o seu ordenador se dispoñen de certificado dixital ou CHAVE365. Tamén poden consultar o estado de tramitación da súa solicitude.

  • En caso de precisalo o CEIP de Tabeaio pode facilitar un modelo de reserva de praza. Poden descargar o Formulario ED550A na parte de abaixo da páxina.

Distribuir contido