Últimas novas

ACTIVIDADES 1º e 2º DE PRIMARIA DO 11 AO 15 DE MAIO

Ola familias!

Espero que todo siga ben. Esta semana como todos dispoñemos dos libros de texto de Lingua, Lengua e Mate imos a empezar a traballar con eles na casa.

Haberá páxinas dos libros de texto que non traballemos; quizais porque xa as vimos, non é preciso reforzar ou non é posible dalo todo por mor do tempo... De tódolos xeitos se os nenos queren completar todo o libro, agora ou máis adiante, poden facelo. Ademais, nalgunhas sesións de Mate, Lengua o Lingua xunto ao traballo do libro poño algunha ficha interactiva optativa para facer co ordenador. Visto o éxito! No resto de materias seguiremos traballando igual que antes.  

Calqueira dúbida ou consulta, xa sabedes que tedes o meu correo sempre activo: pabloreimundez@edu.xunta.es

ACTIVIDADES INFANTIL DO 11 AO 15 DE MAIO

Ola familias!

Espero que todo siga ben. Ahí tedes unha nova proposta de tarefas para esta vindeira semana de parte da mestra Alba. Están abaixo nun pdf adxunto.

Un saúdo e moito ánimo!

ADMISIÓN 2020/2021: Reapertura do prazo de admisión de alumnado

No DOG do 6 de maio publícase o 'Acordo sobre o restablecemento do proceso de admisión de alumnado para o curso 2020/2021'.

Para a realización e seguimento deste acordo o centro informa do seguinte:

  • O novo prazo de entrega de solicitudes será do 11 ao 18 de maio (ambos inclusive), en horario de 10:30h a 13:30h no centro educativo ou de forma telemática en https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado

     Recordamos a documentación a presentar xunto coa solicitude:

    • Libro de familia ou DNI do alumno/a.

ACTIVIDADES INFANTIL DO 20 AO 24 DE ABRIL

Ola familias: 

Como vai todo? Moito ánimo a todos que a semana que ben: SAIMOS DE CASA!

A mestra Alba, que seguirá con nos polo menos ata mediados de maio, proponvos unha serie de actividades para esta semana. A tedes abaixo da páxina nun documento adxunto.

Ademáis aqui tedes o seu correo electrónico: albabesada@edu.xunta.gal por se tendes algunha dúbida ou precisades algo. Tamén podedes mandar ahí as fotos das tarefas que fagan os nenos/as para publicalas no blog http://trasninhosnaescola.blogspot.com/ para que as poidan ver tanto os propios nenos/as como os seus compañeiros/as. 

Apertas!

ACTIVIDADES 1º e 2º DE PRIMARIA DO 20 AO 24 DE ABRIL

Ola familias:

Nova semana de teletraballo na escola. Estes días imos a repasar e ampliar alguns dos contidos en Naturais e Sociais; seguir avanzando en 2º na área de matemáticas coas tablas de multiplicar; e nas línguas celebrar o día do libro que se conmemora o xoves 23 de abril. Abaixo no adxunto tedes as actividades para cada curso. 

Recordade de enviar ao meu correo pabloreimundez@edu.xunta.gal algún dos traballos, os máis vistosos, que fagan os nenos para poder subilos ao blog http://trasnosnaescola.blogspot.com/ ao longo da semana. Calquiera dúbida non dubidar en contactar conmigo as veces que precisedes.

Por último, avanzarvos que esta semana está previsto que a Consellería de Educación publique as instruccións definitivas para ver como planificamos o terceiro trimestre en canto a ampliación de contidos.

Moito ánimo e xa que queda menos. A vindeira semana: SAÍMOS DE CASA A PASEAR!

Apertas! Pablo. 

ACTIVIDADES 'ENGLISH' DO MARTES 14 AO VENRES 17 ABRIL

Ola familias!

Como segue todo? Espero que ben.

Leticia, a mestra de Inglés, mandounos unhas actividades para realizar esta semana. Trátase dunhas manualidades para traballar a unidade da familia en Inglés na aula de Primaria.

O PDF con tódolos pasos o tedes nun adxunto ao final da páxina.

Un saúdo a todos e moito ánimo. 

 

ACTIVIDADES INFANTIL DO MARTES 14 AO VENRES 17 DE ABRIL

 Ola familias!

Como vai todo? Espero que todos ven.

Alba, a mestra de Infantil que aínda continúa con nos esta semana, mandounos unhas actividades voluntarias para realizar estes vindeiros días.

Recordade que as tarefas son recomendacións. Quizais non todos/as temos acceso a internet con boa calidade, por iso insistimos en que son actividades voluntarias, que o máis importante estes días é que os rapaces e rapazas estéan tranquilos e tranquilas. Trátase de que non perdan moitas das rutinas e darvos alternativas.

A mestra estructurou a tarefa de 2 en 2 días, para que decidades un pouco cantas/cales facer cada día en función de como estean os nenos. Por exemplo para o MARTES/MÉRCORES, propuxeronse 5 actividades, para facer 2 un día e 3 o outro. E para o XOVES/VENRES igual. Son actividades que poden realizar os nenos/as de 3, 4 e 5 anos, con maior ou menor axuda, iso vai depender un pouco de cada neno/a.

Calqueira dúbida, consulta, xa sabedes que tedes o correo do cole sempre activo: ceip.tabeaio@edu.xunta.es

Un saúdo para todos e en especial para os nenos. Bótasevos moito de menos! Moito ánimo!

ACTIVIDADES PARA O ALUMNADO

Ola familias! Esperamos que todo vaia ben neste días difíciles que tócanos vivir. A partires de agora, e vista a prolongación do tempo den clases, as actividades pasan a estar na columna lateral esquerda, no apartado de ACTIVIDADES, dentro de cada nivel Infantil e Primaria; e máis un apartado de TICS. 

 

RECOMENDACIÓNS PARA EDUCACIÓN INFANTIL

Estimadas familias:

Adxuntamos algunhas actividades que podedes levar a cabo cos vosos fillos/as durante os días que van permanecer sen escola:

RECOMENDACIÓNS INFANTIL

Por último, deixovos fichas un pdf con 365 manualidades que podedes facer en casa con eles.

Recordade que en Internet tedes tamén recursos e aplicacións didácticas de educación infantil:

https://www.orientacionandujar.es

https://www.mundoprimaria.com

ACTIVIDADES PARA EDUCACIÓN PRIMARIA

Estimadas familias:

Seguindo as recomendacións establecidas pola Consellería de Educación enviamos unhas pautas para realizar estos  próximos días.

En primeiro lugar sería bo marcarlle aos nenos unha rutina, que non pensen que son vacacións. Unha opción é seguir o horario de clase que tedes colgado na web, para que cada día 'lectivo', que non estamos no cole, traballen un pouco. Tamén e preciso non esquecer a lectura, ler libros, o que lles apeteza, cada día polo menos 20 minutos. 

1º de PRIMARIA: 

Lingua e Lengua: 

- Como os nenos teñen os libros de texto do 2º trimestre na casa podedes ir facendo unha páxina cada día ata rematar o libro. Ese sería o traballo.

Distribuir contido