Últimas novas

ACTIVIDADES INFANTIL DO 15 AO 19 DE XUÑO

Última semana de curso e chegan as vacacións. Pero nós vamos adiantar as nosas e viaxamos a.... ÁFRICA!!!!

Recordade que me tedes dispoñible a través do teléfono e do correo electrónico (yessica_rodriguez2013@edu.xunta.gal). Agardo que vos divirtades e espero ver pronto os vosos traballos. Moito ánimo!

ACTIVIDADES 1º e 2º DE PRIMARIA DO 8 AO 12 DE XUÑO

Ola familias! Penúltima semana de traballo. Aquí tedes a proposta de tarefas para os nenos. Moito ánimo! Apertas! 

ACTIVIDADES INGLÉS EDUCACIÓN PRIMARIA DO 8 AO 12 DE XUÑO

Ola familias! Tedes no adxunto as instruccións e actividades para o traballo na área de Inglés en Educación Primaria para esta semana. Apertas!

ACTIVIDADES INFANTIL DO 8 AO 12 DE XUÑO

Ola familias! Estamos a rematar o curso, por iso as misións desta semana son máis curtas pero espero que igual de divertidas. Animádevos a facelas e mandarnos o resultado!

Recordade que me tedes dispoñible a través do teléfono e do correo electrónico (yessica_rodriguez2013@edu.xunta.es). Agardo que vos divirtades e espero ver pronto os vosos traballos. Moito ánimo!

QUEDAMOS NA CASA!

Aí tedes o vídeo coa recompilación de fotos que enviastes durante o confinamento. Moitas grazas a todos. Apertas!

ACTIVIDADES 1º E 2º PRIMARIA DO 25 AO 29 DE MAIO

Ola familias! 

Aquí tedes unha nova proposta de tarefas para os nenos para esta vindeira semana. Que xa podemos ir a praia!

Moito ánimo. Apertas! Pablo

ACTIVIDADES INFANTIL DO 25 AO 29 DE MAIO

Ola familias!

Ahí tedes unha nova proposta de tarefas para esta vindeira semana de parte da mestra Yessica. Están abaixo nun pdf adxunto. Moito ánimo. Apertas!

ACTIVIDADES INGLÉS PRIMARIA DO 18 AO 22 DE MAIO

Ola familias!

Tedes no adxunto as instruccións e actividades para o traballo na área de Inglés para esta semana. Apertas!

ACTIVIDADES 1º e 2º DE PRIMARIA DO 18 AO 22 DE MAIO

Ola familias!

Iniciamos unha nova semana con tarefas variadas para os nenos. Ademáis estes días seguimos a recordar a Ricardo Carvalho Calero con algunha actividade vencellada ao Día das Letras Galegas.

Se queredes máis recursos para traballar cos nenos o Día das Letras Galegas tedes:

http://primaveradasletras.gal/

https://issuu.com/bucle/docs/as_pitas

http://seminariogalan.org/inicio/portada/

Calqueira dúbida ou consulta, xa sabedes que tedes o meu correo sempre activo: pabloreimundez@edu.xunta.gal

Unha aperta para todas/os! Bótasevos de menos!

ACTIVIDADES INFANTIL DO 18 AO 22 DE MAIO

Como xa sabedes o 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas que este ano está adicado a Ricardo Carvalho Calero, así que as tarefas desta semana teñen moito de pitas, contos infinitos, vexo vexo ou cociña...

Desde esta semana está de volta a mestra Yessica. Podedes enviar os traballos ao seu correo (yessica_rodriguez2013@edu.xunta.gal) e consultar calquera dúbida, suxestión ou o que precisedes tanto por mail como por vía telefónica. Moito ánimo e boa semana!

Distribuir contido