Primaria

ACTIVIDADES 1º e 2º DE PRIMARIA DO 05 AO 08 DE MAIO

Ola familias!

Espero que sigamos todos ben. A espera de que esta semana teñades os libros do 3º Trimestre para empezar a traballar con eles na casa, ahí tedes unha nova proposta de actividades para estes días. 

Calqueira dúbida ou consulta, xa sabedes que tedes o meu correo sempre activo: pabloreimundez@edu.xunta.es

Unha aperta para todas/os! Bótasevos moito de menos!

ACTIVIDADES PRIMARIA DO 27 AO 30 DE ABRIL

Ola familias!

Como vai todo? Espero que sigamos todos ben. Seguimos a espara das Instruccións da Consellería sobre as pautas para o 3º Trimestre pero, tendo en conta o avanzado polo Goberno Central, penso que é o momento de avanzar en contidos novos nos vindeiros días. Entendo que é o mellor para os nenos.

Recordade que o vindeiro venres 1 de maio é festivo e non temos tarefas programadas. Tampouco as haberá o luns 4 de maio xa que é un dos días non lectivos collidos pola escola.

Calqueira dúbida, consulta, xa sabedes que tedes o meu correo sempre activo: pabloreimundez@edu.xunta.es

Unha aperta para todos! Bótasevos moito de menos!

ACTIVIDADES 1º e 2º DE PRIMARIA DO 20 AO 24 DE ABRIL

Ola familias:

Nova semana de teletraballo na escola. Estes días imos a repasar e ampliar alguns dos contidos en Naturais e Sociais; seguir avanzando en 2º na área de matemáticas coas tablas de multiplicar; e nas línguas celebrar o día do libro que se conmemora o xoves 23 de abril. Abaixo no adxunto tedes as actividades para cada curso. 

Recordade de enviar ao meu correo pabloreimundez@edu.xunta.gal algún dos traballos, os máis vistosos, que fagan os nenos para poder subilos ao blog http://trasnosnaescola.blogspot.com/ ao longo da semana. Calquiera dúbida non dubidar en contactar conmigo as veces que precisedes.

Por último, avanzarvos que esta semana está previsto que a Consellería de Educación publique as instruccións definitivas para ver como planificamos o terceiro trimestre en canto a ampliación de contidos.

Moito ánimo e xa que queda menos. A vindeira semana: SAÍMOS DE CASA A PASEAR!

Apertas! Pablo. 

ACTIVIDADES 1º e 2º PRIMARIA MARTES 14 ABRIL AO VENRES 17 DE ABRIL.

Ola familias:

Como vai todo? Espero que ven. Polo momento, e ata que a Consellería decida se podemos avanzar ou non en materia, imos adicar esta primeira semana trala volta de Semana Santa, a repasar contidos do 1º e 2º Trimestre.

Vou seguir o horario de clase para ter e que teñades un control de tempos do que imos facendo. Por se tiverades dúbidas o horario podédelo consultar aquí: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceiptabeaio/?q=node/43

Recordade que as actividades son recomendacións. Quizais non todos temos acceso a internet de boa calidade, por iso insisto en que son actividades voluntarias; e que o máis importante estes días é que os rapaces estean tranquilos e tranquilas. O motivo de poñelas e darvos alternativas e tratar na medida do posible de que non perdan o hábito de traballo.

ACTIVIDADES PARA EDUCACIÓN PRIMARIA

Estimadas familias:

Seguindo as recomendacións establecidas pola Consellería de Educación enviamos unhas pautas para realizar estos  próximos días.

En primeiro lugar sería bo marcarlle aos nenos unha rutina, que non pensen que son vacacións. Unha opción é seguir o horario de clase que tedes colgado na web, para que cada día 'lectivo', que non estamos no cole, traballen un pouco. Tamén e preciso non esquecer a lectura, ler libros, o que lles apeteza, cada día polo menos 20 minutos. 

1º de PRIMARIA: 

Lingua e Lengua: 

- Como os nenos teñen os libros de texto do 2º trimestre na casa podedes ir facendo unha páxina cada día ata rematar o libro. Ese sería o traballo.

Distribuir contido