Últimas novas

Xela Arias Castaño. Día das Letras Galegas 2021

Aquí vos deixamos un Genially feito pola escola sobre Xela Arias, a escritora a que este ano se lle rinde homenaxe no 'Día das Letras Galegas 2021'

 

Actividades pola Semana do Libro

tedes unha escolma das actividades que fixemos na escola para conmemorar a semana do libro, co gallo do 23 de abril, día do libro.

Entre outras actividades fixemos un contacontos na biblioteca do cole, creación de marcapáxinas, as portadas cos contos favoritas dos nenos e nenas...

Para que poidades ver todo o que fixemos aí tedes un vídeo-resumo:

ADMISION CURSO 2021/2022: APERTURA DO PRAZO PARA SOLICITUDES DE ADMISIÓN

O Decreto 254/2012, do 13 de decembro, a Orde do 12 de marzo de 2013 e a Orde do 25 de xaneiro de 2017 da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, regulan o procedemento para a admisión e matriculación do alumnado nos centros docentes sustentados con fondos públicos que imparten ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato.

NÚMERO DE VACANTES NO CENTRO:  

 - 2º ciclo de Educación Infantil: 5 vacantes.

 - 1ºe 2º de Educación Primaria: 6 vacantes.

 
Para escolarizar alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE), reservaranse 3 vacantes en 3 anos (Educación Infantil) e 3 vacantes no 1º curso do 1º ciclo de Educación Primaria (incluídas no número total de vacantes ofertadas). No momento da solicitude deberán xustificar coa documentación pertinente a situación de alumnado con necesidades específicas de apoio.

As prazas reservadas non adxudicadas a este alumnado asignaranse conforme o proceso ordinario.

 

SOLICITUDE DE ADMISIÓN: 

Entroido 2021 no CEIP de Tabeaio!

Ola familias!

Aí tedes un video resumo con todalas actividades que fixemos ao longo desta semana de Entroido nas aulas de Infantil e Primaria. Agradecemento especial a Paula, a nai de Artai e Hiar, que fixo dous sesións de contacontos para os nenos.

Tedes fotos no blogue de Infantil e no blogue de Primaria.

Esperamos que o desfrutedes! Unha aperta e bo Entroido!

Traballo sobre o Entroido

Ola familias!

Esta semana imos cambiar as tarefas para facer na casa. Tendo en conta que estamos a traballar na aula o Entroido gustaríame que os nenos fixeran algún traballo sobre esta festa en Galicia. 

Poden facer o que queiran para traer a clase ao longo da semana:

- Seleccionar un entroido dun lugar de Galicia e facer un debuxo ou un traballo sobre a máscara, traxe ou costume para amosalo.

- Traer unha receita con algún postre ou comida típica destas datas...

- Outra cousa que se vos ocurra ou lles interese a eles.

Aquí tedes algunha información que vos pode ser de utilidade:

O Entroido dos Bolechas

Entroidos de Galicia

Entroido Gastronómico

Calquera dúbida non esquezades usar o correo da aula de Primaria: ceip.tabeaio@gmail.com

Unha aperta!

Entroido 2021!

O Entroido está moi preto e dende o CEIP de Tabeaio imos a realizar ao longo da semana previa (do 8 ao 15 de febreiro) unha serie de mandadiños. Os tedes eiquí debaixo para que os vaiades preparando. Esperamos moita orixinalidade.

Traballamos 'O Tempo Atmosférico'

Rematamos a unidade de Ciencias Sociais adicada ao 'Tempo Meteorolóxico'. Aquí tedes o video que fixemos como remate coa cacnión 'Botas de goma' de Pablo Díaz

 Tedes máis info no blog de Primaria: http://trasnosnaescola.blogspot.com/2021/01/traballamos-o-tempo-atmosferico.html

Comezo do Programa de Froita Escolar

Ola familias!

O vindeiro xoves 14 de xaneiro e ata o mércores 27 porase en marcha o 1º período de reparto de froita na escola.

O proxecto ten por obxecto o fomento do consumo de froitas frescas e configurar hábitos alimentarios saudables no alumnado. Deste xeito durante estes días os nenos poderán tomar na escola froitas de temporada coma uva, melón, plátano, pera, arándano, kiwi, mazá ou granada.

Tedes máis info sobre o proxecto en: Aliméntate ben.

Unha aperta!

BO NADAL COA HISTORIA DO APALPADOR!

Dende o centro desexámosvos unhas felices festas!!!

Esperamos que disfrutedes deste vídeo feito polos nenos e nenas do noso centro. 

 

Distribuir contido