Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

Infantil

PLANTAMOS PATACAS. AULA DE 3ANOS.

PATIOS DEPORTIVOS EN EDUCACIÓN INFANTIL

O alumnado de infantil estrea a nova canasta de baloncesto e portería de fúbtol no seu patio.

VISITA DO ALUMNADO DE INFANTIL DO CEIP PINTOR ANTONIO FERNÁNDEZ DE GOIÁN: EXPOSICIÓN DO UNIVERSO

No primeiro trimestre, o alumnado de Solanas traballou o Universo: maquetas, construcción de planetas... 

Os seus traballos estan expostos nos corredores do colexio e nas clases de educación infantil. Ademáis BiblioSolanas tivo exposción de libros con esta temática.

O profesorado de educación infantil invitou as súas compañeiras e compañeiros do CEIP Pintor Antonio Fernández de Goián a facer unha mañá de convivencia e traballar todos xuntos. 

Tiveron: planetario, circuito sensorial do Universo, construcción de galaxias, visita a nosa exposición de traballos, visionado do vídeo do primer ser vivo en saír ao espazo...

Foi un pracer pasar esta maña xuntos.

 

IOGA EN MOVEMENTO.AULA 5 ANOS

O alumnado de 5 anos xoga coas posturas de Ioga. Soa a música e comezamos a movernos arredor dun círculo de posturas, paráse a música e facemos a postura que temos diante de nós.

Os nenos e nenas de 5 anos son uns expertos ioguis. Preme na imaxe para velos e velas.

OS 3 PORQUIÑOS. AULA DE 4 ANOS

ELMER. AULA DE 3 ANOS

INFANTIL PREPARA TRAMPAS PARA AS BELUTINAS

O profesorado e alumnado de educación infantil estivo montando e colocando as nosas trampas de belutinas no patio sensorial.

Preme na imaxe para ver o proceso.

 

VISITA DO CLUB CICLISTA O ROSAL AO ALUMNADO DE INFANTIL

O Club Ciclista o Rosal viu a pasar unha xornada co alumnado de infantil. Crearon no pavillón unha xincana con obstáculos e circuitos.

Preme na fotografía para ver o vídeo.

VOLUNTARIADO DE LECTURA. LECTURAS COMPARTIDAS NA CLASE DE 4 ANOS

Ainoha e Valeria de 2º de educación primaria comparten unha hora de ler co alumnado de 4 anos.

O libro escollido foi: "A toupiña que quería saber que lle fixera aquilo na cabeza".

 

PLANTACIÓN NA HORTA ESCOLAR POLO ALUMNADO DE 3º E 4 ANOS

Os nenos e nenas de 3 e 4 anos estiveron plantando leitugas e xudías na nosa horta e flores nas novas macetas do colexio.

Distribuir contido


by Dr. Radut