Sei que xa estades moi cansadiñ@s e que agora coa calor non hai ganas de traballar, por iso hoxe vos propoño para a actividade de arte algo sinxelo pero á vez artístico:
Que busquedes na vosa próxima saída un elemento da natureza que vos pareza fermoso, e me enviades unha foto.A fotográfía tamén é arte.
As veces pasamos cerca de cousas que non lle damos importancia nin valor pero si as miramos de cerca...podemos atopar verdadeiros tesouros.
Mirade eu saqueille unha foto ao centro dunha capuchina que atopei baixando hacia a praia do molino.
Bos días familias!! Hoxe propoño : 1-Xogar ao vexo, vexo cos cadros de Kandinski, un pintor moi importante (foi o precursor do arte abstracto). 2-Que fagades conmigo un cadro de Kandinski muy bonito e moi colorido: círculos de cores. Un beso grande!! Espero que o pasedes ben. Forza!!
Espero que estedes moi ben, hoxe a actividade de música é unha canción que xa coñecedes.
Deixo un video que vos fixen, onde levaremos o ritmo da canción pisando unhas estreliñas de papel.
Si non queredes facer as estrelas, podedes tamén levar o ritmo da canción como facemos na clase, con palmas, movendo os pes como si forades piratas camiñando, tocando con 2 paus (dúas culleres de madeira)...o importante é seguir o ritmo, moverse, cantar ...e sobre todo pasalo ben!!
Ola familias!! A actividade de arte de hoxe é sobre un video que fixemos en Dinamización, pouco antes de pasar todo isto e ter que quedar sin sair da casa. Grabei a todo o colexio, os nosos peques tamén andan por ahí. Están guapiiisim@s e fixéronno moi ben!! Si se lles fai longo, podedes miralo a partir do minuto 2:07. Propoño que escollades un verso dos que saen no video e fagades un bonito debuxo en relación a ese verso. Unha obra de arte, como sólo vós sabedes!!!❤️❤️
Achégovos os enlaces das actividades de inglés para 4º e 5º de infantil. Están publicadas na plataforma Padlet. Fai click sobre as imaxes para acceder directamente a cada grupo clase.
Recordade que cada martes atoparedes novas actividades de inglés.
Grazas pola vosa participación e espero que as actividades propostas sexan do agrado dos vosos/as pequenos/as.
4º infantil: Unha clase con abrazos de oso5ºinfantil: O paraíso tropical
Xa sabedes da reorganización do horario para non saturar con tanta actividade.
Eu darei danza e música os mércores e arte os xoves. A psicomotricidade , enviarala sólo o profe Tomás os venres.
Hoxe toca música. Temos una actividade de ritmo.
A importancia do ritmo. ... O ritmo acompaña a vida. Hai estudos que amosan a relación entre música, habilidades rítmicas e linguaxe. O ritmo tamén é básico para unha boa aprendizaxe da lectura e a escritura.
Polo tanto mirade o importante que é practicalo!!
Entón, imos alá!!
Fixen 2 videos :
1º-Percusión corporal. Si queredes pasalo ben toda a familia tendes q sentarvos nunha silla e ir rotando, como fago eu.
2º-Seguir o ritmo con 2 culleres e un bote de pementa ou sal...que fará de maraca.