Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

Articles

FORMULARIOS DE INSCRICIÓN DO ANPA OS MUIÑOS

Xa están dispoñibles os formularios de inscrición para facerse socio da ANPA e facer uso dos servizos de comedor ou Plan Madruga. 
A cuota de socio anual é de 20€ por familia e ano.  Esta cuota poderase pagar presencialmente na porta de primaria dende o 19 ata o 25 de setembro ás 9h. e os martes 24 de setembro e 1 de outubro entre as 16h. e as 16.30h.  Ou ben por transferencia bancaria (sen límite de data), achegando o formulario de inscrición e enviando escaneado ao mail: anpasolanas@hotmail.
 
Os socios poden facer uso dos servizos e actividades que pon en marcha o ANPA, como o Plan Madruga, Comedor. Así como beneficiarse das actividades que organiza o ANPA durante o ano: Gladiator Family, Festa de Fin de curso, Campamento de Xuño, etc...
 
Lembramos que ata o 25 de setembro está aberto o prazo para inscribirse nas actividades extraescolares, sendo actualmente MULTIDEPORTE, para nenas/os de INFANTIL a que ten un maior número de inscricións. 
CONSENTIMIENTO COMEDOR ESCOLAR CONSENTIMIENTO PLAN MADRUGA  INSCRICIÓN SOCIOS 24-25

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ANPA OS MUIÑOS CURSO 2024-2025

Presentamos a oferta de actividades extraescolares 2024-25.
Ao igual que no curso anterior as ANPAS dos tres colexios públicos presentamos unha proposta unificada.
As familias de Solanas interesadas nalgunha das actividades de calquera dos tres centros, deberán enviar un correo electrónico a anpasolanas@hotmail.com indicando o nome de alumno, a actividade/s que lle interesa e o curso do alumno (para vindeiro ano).
En caso de estar interesado nalgunha das actividades pero ter incompatibilidade coa data podese indicar no mail, para en caso de non formar grupo mínimo poder valorar outras opcións. 
No mes de setembro confirmaremos as inscricións.
As actividades comezarían o 1 outubro. 

FESTA FIN DE CURSO DO ANPA OS MUIÑOS 2024

E para rematar o curso...o ANPA Os Muiños fai a súa tradicional Festa.

Moitas grazas ás familias por asistir e a directiva por organizar.

ORDE DO DÍA DA ASAMBLEA DE FIN DE CURSO 2024 DO ANPA OS MUIÑOS

APRAZADA a Asamblea de socios do venres 14 de Xuño.
 
CONVOCATORIA para o Martes 18 ás 17.00h. 
 
Na mesma daremos conta das actividades realizadas durante o curso, as subvencions concedidas e solicitadas e a previsión de actividades para o vindeiro curso
 
Agradecemos a vosa asistencia.
 
Consulta aquí a orde do Dia:

FESTA FIN DE CURSO 2023-2024 DO ANPA OS MUIÑOS

O día 22 de xuño, a ANPA Os Muiños realizará a súa Festa de Fin de Curso, que terá inchables en horario de mañá e tarde, tatoos e zona de debuxo e xogos.

Convidan ás familias a comer todos xuntos de picnic no patio do colexio.

Pola tarde para finalizar a festa realizaran un sorteo de vales para compra no comercio guardés e Gran Festa da Espuma!.

 

ACTIVIDADES DE FIN DE CURSO 2024 ANPA OS MUÍÑOS: FESTA DE FIN DE CURSO E EXCURSIÓN A AMARANTE

Dende a directiva da ANPA estamos traballando para realizar actividades no tramo final do curso. Ao igual que nos anos anteriores queremos manter a Festa de fin de curso que se celebraría o día 22 de xuño, sábado, en horario de mañá e tarde facilitando así poder chegar a maior parte das familias e asegurando a diversión dos nosos pequenos.

Tamén queríamos recuperar a excursión ao Parque acuático de Amarante. Esta actividade realizaríase o día 1 ou 8 de xuño, en función da dispoñibilidade do Parque. Dende a ANPA contrataríamos un autobús ata o parque acuático e xestionaríamos a entrada como grupo, o cal nos proporciona un desconto dun 20% sobre o prezo habitual, quedando os seguintes prezos:

CRIANZAS ATA 4 ANOS INCL.

GRÁTIS

CRIANZAS DE 5 A 12 ANOS

13.55€

ADULTOS

20€

Para poder concretar a reserva precisamos saber o voso interese en participar e asegurarnos que formamos o grupo mínimo necesario. É por iso que vos pedimos que de estar interesados en asistir vos anotades no seguinte cuestionario ata o 30 de abril, para que podamos valorar se seguir adiante coa actividade. A partir desta data vos concretaríamos a data definitiva e abriríamos un período de inscrición definitivo.

ENLACE A ENQUISA

NORMAS DE PARTICIPACIÓN E INSCRICIÓN

A excursión de Amarante realizarase o día 8 de xuño. A participación está reservada de manera preferente para as familias socias da ANPA que confirmen o seu interese ingresando o prezo das entradas antes do 24 de maio na conta da ANPA.

En caso de sobrar prazas no bus, abrirase un novo período entre o 28 e o 31 de maio para NON SOCIOS, que deberán aboar 5€ por persoa pola viaxe en Bus. As normas e detalles para formalizar a inscrición e participar na excursión atópanse no seguinte documento

Para calquera consulta ou dúbida podedes escribir a anpasolanas@hotmail.com

GLADIATOR FAMILY SOLANAS: ANPA OS MUIÑOS

APRAZADO ATA SETEMBRO

 

A ANPA OS MUIÑOS CELEBRA O DÍA DO DEPORTE CUNHA GLADIATOR KIDS O 6 DE ABRIL ÁS 16:30H.

 

O día 6 de abril conmemórase o Día do Deporte, e para celebralo a ANPA OS MUÍÑOS, do Colexio As Solanas quixo realizar unha actividade lúdica para gozar en familia. Trátase dunha carreira na que se pode participar en familia (as nenas e nenos poden participar acompañados pola súa nai ou pai) e na que se irán superando obstáculos de diversa natureza: arrastrarse polo chan, subir empalizadas, etc.

En compensación do esforzo, ademais da diversión asegurada, os participantes recibirán unha medalla e un pequeño avituallamento de auga e froita, e a participación no sorteo de material deportivo por cortesía das tendas deportivas da Guarda (Paddy Sport e Atmosfera Sport).

Dende a ANPA animamos ás familias do centro a participar, sendo preciso facer inscrición previa no seguinte enlace: https://forms.gle/XbTznGMmW2JnMTAJA.

Probas como estas se realizaron na nosa contorna en paraxes como a Explanada do Horizonte ou a Alameda con grande éxito de participación e convertíndose en xornadas moi amenas e divertidas

A participación é gratuíta para os socios. Aquelas familias non socias poden facerse socias o mesmo sábado 6 para poder participar. Lembramos que a cuota de socio é 15€/ano por familia, independentemente do número de nenos escolarizados e da dereito a participar en tódalas actividades e servizos que organiza a ANPA: aula madruga, comedor, actividades, Festa de Fin de Curso.

A actividade conta co patrocinio de Augasana, Froitas Carmiña, Atmósfera Sport e Pady Sport e a organización da empresa de deporte NOKO 360.

HOXE TOCA...MAXIA!.XORNADA DE CONVIVENCIA DA ANPA OS MUIÑOS

A ANPA Os Muiños organizaou, para toda a Comunidade Educativa, unha xornada de convivencia.

Tivemos unha actividade de maxia, con Carlos Tomico e o seu espectáculo "Magia na manga" e ao remate convidaron a chocolate as familias.

MOITAS GRAZAS a directiva da ANPA por esta iniciativaRisa.

 

Informacións da ANPA: Comedor e Plan Madruga

   

 

 
 

NOTA INFORMATIVA  ANPA SETEMBRO 2022

(Recordade que podedes descargar os documentos

premendo na marxe superior dereita dos mesmos)

 
 

 
  NORMAS DO USO DO COMEDOR ESCOLAR
 
   
  CONSENTIMENTO DO USO DO COMEDOR
 
   
  DOCUMENTO DE INSCRIPCIÓN AO PLAN MADRUGA  
   
     

 

 

Sorteo das cestas de Nadal 2018

       
  

Sorteo das cestas de Nadal 2018

Venres 14 de decembro

   
   
       
 

 1ª Cesta: 779
 2ª Cesta: 106
 3ª Cesta: 689
 4ª Cesta: 902
 5ª Cesta: 851

 6ª Cesta: 950
 7ª Cesta: 473

 8ª Cesta: 572
 9ª Cesta: 861
 10ª Cesta: 814
 11ª Cesta: 511
 12ª Cesta: 503

 13ªCesta: 391
 Caja: 560

 
       


by Dr. Radut