Saídas
NENAS E NENOS DE INFANTIL NUN OBRADOIRO DE PICASSO
Enviado por Carmen o Xov, 31/01/2013 - 19:39O DÍA 17 DE XANEIRO, FOMOS A UNHA EXPOSICIÓN DE CADROS DE PICASSO NO CAFÉ MODERNO DE PONTEVEDRA, ONDE OS NEN@S PARTICIPARON NUN OBRADOIRO.
SAÍDA Ó MUÍÑO¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡
Enviado por admin o Lun, 19/03/2012 - 13:36Excursión ao Grove
Enviado por Nati o Xov, 23/02/2012 - 21:31O día 8 de Febreiro,o 1º ciclo fomos de excursión ao acuario do Grove. Alí coñecemos as distintas especies mariñas que habitan na nosa ría,entre outras.Vimos estrelas de mar,quenllas,morenas,polbos,un peixe arlequín,e moitísimos peixes máis que non coñecíamos.Explicáronnos canto dano fai o lixo que botamos ao mar,e que moitos peixes morren a causa deste problema.Resultou unha visita moi interesante e da que aprendemos un feixe de cousas.
AS FORMAS NA MÚSICA
Enviado por Nati o Mér, 25/05/2011 - 12:32O 24 de Marzo de 2011,os alumnos/as do 3º ciclo,visitaron o Auditorio do centro social Caixanova en Pontevedra,para asistir a un concerto didáctico no que se mostraron algunhas das formas e estructuras máis sinxelas utilizadas ao longo da historia da música. En escena, un grupo de instrumentistas, o seu director e un actor buscaron a complicidade do público para conseguir unha escoita atenta e participativa. A música transcorre no tempo. Os compositores ordenaron as súas ideas musicais e desenvolvéronas construíndo pequenas ou grandes estruturas musicais e utilizando para iso dous ingredientes básicos: a repetición e o contraste. Foi un espectáculo ameno e de calidade, para que os escolares o recorden como un acontecemento festivo e emocionante.