XORNADA DE FORMACIÓN PARA AS FAMILIAS DO COLE
O Ceip de Seixo, en colaboración co Centro de Formación e Recursos de Pontevedra, pon esta tarde en marcha unha xornada de formación para as familias do cole sobre o uso e aproveitamento de diversas ferramentas dixitais que se están a empregar no centro: ABALAR, AULA DIXITAL, WEBEX e FALEMOS.
Familias!
Como xa vos comentamos, en información anteriormente enviada por ABALAR, debido ao elevado número de participantes vanse repartir as videoconferencias en 2 grupos:
- VENRES 27 de NOVEMBRO: 16:30 H. (FAMILIAS DE INFANTIL, 1º, 2º e 3º)
- VENRES 27 de NOVEMBRO: 18 H. (FAMILIAS DE 4º, 5º e 6º)
Para que poidades acceder á formación tan só tendes que picar (na quenda que vos corresponda) na seguinte foto ou no seguinte enlace:
Lembrade que, na aula virtual do cole, xa dispoñedes de información que se vai empregar nas xornadas!
Picade a continuación e accederedes a ela: