Iniciar sesión: Acceso

MEDIOS DE QUE DISPOÑEMOS

   O CEIP de Seixo conta cunha unidade por nivel en todos os cursos de Infantil e Primaria.

   Está adscrito ao IES Chan do Monte.

   O colexio conta cun único edificio de dúas plantas, unha planta baixa e dúas intercaladas. En total hai:

  • 3 aulas de Infantil
  • 6 aulas de Primaria
  • Aula de Inglés de Primaria e aula de Inglés de Infantil
  • Aula de música
  • Aula de plástica
  • Aula de Informática
  • Aula de relixión Católica e aula de relixión Evanxélica
  • Aula de usos múltiples e audiovisuais
  • Ximnasio
  • Biblioteca
  • Radio
  • Departamento de Orientación
  • Aula de Pedagoxía Terapéutica
  • Aula de Audición e Linguaxe
  • Despacho de dirección
  • Xefatura e Secretaría
  • Sala de mestres
  • Titorías
  • Sala de Reprografía

    O centro tamén conta cun local destinado á ANPA "Abelendos".

   O espazo exterior ao edificio consta dun patio para Educación Primaria cunha pista polideportiva e cun patio de area para Infantil.

   Actualmente o centro conta cunha plantilla de 18 mestres/as dos cales:

  • 9 titores/as
  • 1 especialista en Educación Física
  • 1 de Inglés
  • 1 orientadora
  • 1 de AL (compartida)
  • 2 de PT (un compartido)
  • 1 de relixión católica (compartido)
  • 1 de relixión evanxélica (compartido)
  • 1 de música
  • 1 conserxe

PUNTO LARANXA CONTRA O ACOSO ESCOLAR

Punto Laranxa contra o acoso escolar

BLOG: "AS PEGADAS DE ARNALDO"

PLAMBE

RADIO NA BIBLIO

BIBLIOTECA CREATIVA

CONTRATOS PROGRAMA

PROGRAMA EDUCA EN DIXITAL