Iniciar sesión: Acceso

PARTICIPACIÓN NO PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

DIRIXIDO A ALUMNADO DE 1º A 6º DE PRIMARIA

Iníciase a tramitación de participación no procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado segundo a ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020-2021 (código de procedemento ED330E).

a) NON TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE: o alumnado beneficiario de axuda de material escolar no curso 2020-2021.

b) TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE DE FORMA PRESENCIAL NO CENTRO: o alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 que cumpra algunha das seguintes condicións:

- Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

- Alumnado matriculado en educación especial.

- Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

- Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

c) O prazo de presentación de solicitudes (ANEXOS I E II máis documentación complementaria que se pode ver na orde no artigo 9) para o alumnado non beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021, que cumpra as anteriores condicións será do día 16 de novembro ao 27 de novembro incluído.

d) Para a presentación de solicitudes no centro deben chamar con anterioridade ao teléfono: 886 151 350 para concertar a entrega da documentación en SECRETARÍA e evitar aglomeracións seguindo o protocolo Covid. Horario de PRESENTACIÓN SOLICITUDES:

Descargar impreso para a solicitude, e ver a documentación complementaria (ARTIGO 9) que hai que achegar, nos seguintes documentos adxuntos...

TAMÉN PODEDES SOLICITAR OS IMPRESOS AOS TITORES (AXENDA-ABALAR) E SERALLE ENTREGADO AO NENO/A.

AdxuntoTamaño
ANEXOS I e II.pdf136.44 KB
ORDE DO 6 DE NOVEMBRO PARA CONSULTAR DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA.pdf608.65 KB

PUNTO LARANXA CONTRA O ACOSO ESCOLAR

Punto Laranxa contra o acoso escolar

BLOG: "AS PEGADAS DE ARNALDO"

PLAMBE

RADIO NA BIBLIO

BIBLIOTECA CREATIVA

CONTRATOS PROGRAMA

PROGRAMA EDUCA EN DIXITAL