Iniciar sesión: Acceso

Últimas novas

INSCRICIÓN COMEDOR CURSO 2023-2024

Todas aquelas familias que esteades interesadas en inscribir ás vosas fillas e fillos no comedor escolar debedes prestar moita atención.

Picando na imaxe anterior accederedes a un pdf no que poderedes ver toda a información que nos facilitou a empresa ARUME (encargada deste servizo) con todos os pasos que debedes facer para inscribir ás vosas fillas e fillos no comedor escolar do vindeiro curso 2023-2024.

CARTA DA EMPRESA

Ante calquera dúbida que vos poida xurdir podedes chamar ao seguinte teléfono da empresa:

ARUME: 986 45 30 40

Ou ben contactar con PATRI, encargada na ANPA do comedor.

PATRI: 659 47 36 15

PLAN MADRUGA 2023-2024

O vindeiro curso escolar 2023-2024 preténdese que siga funcionando o PLAN MADRUGA no CEIP DE SEIXO.

A empresa encargada de xestionalo continuará sendo…

Deixámosvos a dirección de correo electrónico e o teléfono para que poidades consultar calquera dúbida.

PICANDO NA IMAXE poderedes DESCARGAR a FOLLA DE INSCRICIÓN que deberedes CUMPRIMENTAR e ENVIAR vía correo electrónico á empresa.

LÍMITE DE ISNCRICIÓN

VENRES 8 DE SETEMBRO

IMPORTANTE: Lembrade que só haberá 3 quendas horarias

 - 7:30/9:15 (con e sen almorzo)

 8:00/9:15 (con e sen almorzo)

 - 8:45/9:15 (sen almorzo)

 LISTAXE DE PREZOS

 (PICA NA IMAXE PARA DESCARGAR)

 EXEMPLO DE MENÚ (facilitado pola empresa)

Para calquera consulta non dubidedes en chamar ao teléfono do cole

886 151 350

HORARIO DE VERÁN

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2022-2023

PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS: NAIS, PAIS, TITORES LEGAIS

Dende o día de hoxe, 3 de novembro de 2022, e ata o vindeiro mércores 9 de novembro de 2022 (ambos os dous días incluídos) todas e todos aqueles que o desexedes, e que aparezades no censo provisional, poderedes presentar as candidaturas ás ELECCIÓNS ao CONSELLO ESCOLAR 2022 para a súa renovación parcial.

Só tendes que cubrir o seguinte modelo e entregalo no despacho de dirección do centro.


PREMENDO NA IMAXE PODEREDES DESCARGALO

CALENDARIO E CONVOCATORIA DAS ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2022-2023

Queda publicado o CALENDARIO DE ACTUACIÓNS para as ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR coa renovación parcial no Ceip de Seixo para o presente curso escolar 2022-2023.

Así mesmo faise pública a CONVOCATORIA do

SECTOR NAIS/PAIS/TITORES LEGAIS

ao Consello Escolar:

   PICANDO NAS IMAXES

TAMÉN PODEREDES ACCEDER Á INFORMACIÓN

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2022-2023

OBXECTO E ÁMBITO DE APLICACIÓN:

  • Establecer o novo calendario para a elección dos representantes de familias e profesorado.

CALENDARIO DE ELECCIÓNS:

  • A Xunta Electoral establecerá o calendario
  • A Xunta Electoral constituirase entre o 2 e o 8 de novembro.
  • O prazo de admisión de candidatas/os non deberá ser inferior a 7 días naturais
  • Votacións: Entre os días 23 e 29 de novembro de 2022

MEMBROS A RENOVAR:

  • Familias: 2 por un período de 4 anos
  • Profesorado: 2 por un período de 4 anos

É importante que haxa membros suplentes para que (no caso de baixas) estean todos os sectores representados dacordo coa normativa.

SORTE DOS MEMBROS DA XUNTA ELECTORAL:

  • VENRES 21 DE OUTUBRO DE 2022 ÁS 09:30 HORAS NA SALA DE MESTRES DO CENTRO.
  • SERÁ PÚBLICO CONTANDO CUN MEMBRO DE CADA SECTOR A RENOVAR.

NOVA ORDE DE AVALIACIÓN – PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS 2021-2022

Segundo a Orde do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación na ensinanza de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia e seguindo a disposición transitoria cuarta da cita orde, os centros educativos dispuxemos dun prazo de 2 meses para adaptar a concreción curricular e adecuala aos cambios normativos na avaliación, promoción e titulación.

Feitos os cambios necesarios, e tras seren tratados na CCP do día 10 de maio e ratificados no CLAUSTRO EXTRAORDINARIO dese mesmo díal, a través desta entrada queremos facer públicos os citados cambios.

Cambios que este curso escolar só afectan á etapa de educación primaria e só no aspecto relacionado coa avaliación: Punto 7 DE CADA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. (VER ANEXO ADXUNTO)

Picando na seguinte imaxe poderedes acceder ás PROGRAMACIÓNS adaptadas a esta nova normativa cos cambios validados por inspección:

 

ACTUALIZACIÓN DE VACANTES PARA O CURSO 2022-2023

TAMÉN PUBLICADAS E RECTIFICADAS

NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CENTRO 

HORARIO DE VOTACIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

IMPORTANTE

- Para poder exercer o dereito a voto deberá presentarse o DNI ou documento similar. 

- En cada papeleta deben marcarse 2 candidatos.

Distribuir contido

PUNTO LARANXA CONTRA O ACOSO ESCOLAR

Punto Laranxa contra o acoso escolar

BLOG: "AS PEGADAS DE ARNALDO"

PLAMBE

RADIO NA BIBLIO

BIBLIOTECA CREATIVA

CONTRATOS PROGRAMA

PROGRAMA EDUCA EN DIXITAL